(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Cultura

    • Home
    • Cultura
    • A Directiva da Sociedade Pro-Monte reúnese para considerar a disolución da institución

    A Directiva da Sociedade Pro-Monte reúnese para considerar a disolución da institución

    • Posted by prensa
    • Categories Cultura
    • Date 12 August, 2017

    O pasado xoves celebrouse no salón de plenos do Concello da Guarda unha Xunta Extraordinaria da Directiva da Sociedade Pro-Monte Santa Trega, cun único punto na orde do día relativo á disolución da Sociedade. Asistiron á convocatoria os membros da última directiva elixida no ano 1979: o tesoreiro Manuel Martín Goyás, os vogais Florentina Andrés Álvarez e Miguel Sobrino Blanco, e o presidente en funcións, Antonio Martínez Vicente.

    O secretario Jesús Alonso Álvarez, pola súa parte, escusou a súa ausencia por ter sufrido un accidente doméstico, segundo explicou o presidente. Amais dos membros da directiva, estiveron presentes no acto o alcalde da Guarda, como testemuña, e o historiador Joaquín Miguel Villa Álvarez, en calidade de asesor.

    Cuestións sobre a disolución dunha Sociedade centenaria

    A necesidade da Xunta Extraordinaria viña dada, segundo expuxo o presidente en funcións, pola  “irregular” situación da Sociedade, que a pesar de non ter presentado actividade durante máis de 38 anos, nunca chegou a disolverse. Deste xeito, a institución conserva a súa personalidade xurídica, cun patrimonio material ao seu nome e a presidencia do Padroado do Hospital-Casa-Asilo da Guarda (propietario do edificio do actual Centro Cultural), cargo que ostenta o presidente da Sociedade Pro-Monte.

    Antes de dar a palabra aos membros da Directiva, Antonio Martínez quixo facer constar a súa vontade de dar á institución un “epílogo honroso, á altura do prestixio da institución, dos seus fundadores e de as persoas que a dirixiron durante tantos anos” toda vez que os fins para os que foi creada xa se tiñan logrado. Neste sentido, e seguindo o establecido no artigo 34 dos seus Estatutos, propuxo como mellor e única maneira de garantir a conservación do legado da Pro-Monte a cesión en depósito de todos os bens ao Concello guardés.

    Nesta mesma liña pronunciouse a vogal Florentina Andrés, ao considerar que o Concello sería a institución máis axeitada para xestionar o patrimonio en caso de disolución, mais insistiu na súa vontade de dar a coñecer as pretensións da Xunta Directiva ao pobo da Guarda, a fin de que o proceso de disolución se levase a cabo con transparencia e publicidade.

    En liñas xerais, Manuel Martín manifestou o seu desexo de chegar a unha solución pronta e sinxela que poña fin á actual situación da Sociedade. Así, o tesoreiro manifestou a súa intención de apoiar a disolución, sempre que esta sexa a mellor opción para a institución  e para o mantemento dos seus bens.  Pola súa parte, o vogal Miguel Sobrino defendeu a posibilidade de “reavivar” a Sociedade, de xeito que outras saídas distintas á disolución deberían ser contempladas.

    A fin de tomar unha decisión sobre o destino da Sociedade Pro-Monte Santa Trega e o seu patrimonio, os membros da Directiva acordaron continuar coa Xunta Extraordinaria o próximo luns 21 de agosto nas instalacións do Concello da Guarda, onde se votará a proposta de disolución exposta polo seu presidente, Antonio Martínez Vicente.

    Tag:Sociedade Pro-Monte Santa Trega, Xunta Directiva, Xunta Extraordinaria

    • Share:
    prensa

    Previous post

    Abel Caballero, Carlos Mouriño e Antonio Lomba inauguran as novas rúa de Vigo e rúa do Celta
    12 August, 2017

    Next post

    Horario semanal do ferry A Guarda - Caminha do martes 15 ao domingo 20 de agosto
    14 August, 2017

    You may also like

    • A Agrupación Musical da Guarda continúa cos seus concertos nas parroquias
      27 April, 2026
    • O coro Cantábile actuará no I Festival Sons de Salcidos
      22 April, 2026
    • Este sábado estréase na Guarda a película ‘La red’ de BoscoVision ProduCinema
      20 April, 2026

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica
    • Whistleblowing channel

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy