Abertas as inscricións para o Desfile de Entroido da Guarda 2025
A Guarda celebrará o seu desfile de Entroido 2025 o venres 7 de marzo ás 20:30 horas. O desfile dará comezo na rúa Porto Rico (esquina Famosa) e seguirá pola rúa Galicia ata chegar á rúa Rosalía de Castro (Alameda). En caso de chuvia, proporase unha nova data para a celebración do desfile.
Aquelas persoas, grupos, comparsas ou carrozas que queiran participar, poden apuntarse a través do Rexistro ou da sede electrónica, cumprindo cos requisitos que se establecen nas bases publicadas na sede electrónica: ENTROIDO BASES 2025 . O prazo de inscrición estará aberto do 18 ao 25 de febreiro.
Ide preparando os vosos mellores disfraces, porque a semana que vén coñeceremos toda a programación para o Entroido!