ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO CURSO “SEMENTA O TEU FUTURO: DINAMIZACIÓN DE EMPREGO”
O que se quere a través desta iniciativa é crear un espazo no que se posibilite o descubrimento e o crecemento das capacidades das persoas e do noso contorno e artellar fórmulas para poder levar a cabo e facer reais as ideas que xurdan durante este proceso.
Os destinatarios e destinatarias serán fundamentalmente xente nova que se atope nalgunha das seguintes situacións: persoas que teñan unha idea de negocio para poder desenvolver, persoas que se saben con capacidades pero non teñen definida unha idea clara de negocio, persoas en desemprego que desexan mellorar as súas posibilidades de inserción laboral… toda aquela persoa con ganas de cambiar de rumbo o seu itinerario persoal e laboral.
O programa comezará o 15 de xuño e o horario establecido será de luns a xoves de 9 a 14 horas. As persoas interesadas en participar deberán inscribirse na OMIX ou no departamento de Desenvolvemento Local do Concello da Guarda.
Toda aquela persoa que queira máis información pode dirixirse a dirección informacion@aguarda.es ou chamar os teléfonos 986 614 546 e 986 610 000.