Última xornada do Camiño a Santiago por etapas Caminha-A Guarda
Este sábado, 14 de maio, terá lugar a derradeira xornada do Camiño a Santiago por etapas organizada Caminha-A Guarda e que están a realizar máis de 100 veciños dos dous concellos. Esta iniciativa comezou o pasado 5 de marzo como a primeira das actividades froito da colaboración entre a Cámara de Caminha e o Concello da Guarda no marco da candidatura do esteiro do Miño a Paisaxe Cultural da Unesco.

A saída dende A Guarda será ás 8:30 da mañá para coller o autobús e dirixirse á Parroquia de Escravitude, en Padrón (A Coruña), onde comezará esta última etapa ás 11 horas.
Está prevista que a parada para o xantar se realice sobre as 13:30 no Conxo, a 3 quilómetros de Santiago, para poder chegar á Praza do Obradoiro cara ás 17 horas.
Tras rematar o Camiño, todos aqueles que o desexen poderán asistir á Misa do Peregrino que dará comezo ás 19:30 na propia Catedral de Santiago de Compostela.
Finalmente a saída dende Santiago, para coller o autobús en “San Xoán XXIII” e volver á Guarda será ás 21 horas.
Concluirá así esta primeira actividade na que os participantes percorreron os máis de 100 quilómetros entre Caminha e Santiago durante unhas xornadas de peregrinación que permitiron reforzar os lazos de amizade entre galegos e portugueses.