Abre a inscrición para participar no “Curso de manipulador de produtos fitosanitarios”
O Concello da Guarda, en colaboración coa Asociación de veciños “O Percamino” ofrece 30 prazas.
O Concello da Guarda, en colaboración coa Asociación de veciños “O Percamino”, abre o prazo de inscrición para participar no “Curso de manipulador de produtos fitosanitarios. Nivel básico”.
Este curso ten unha duración de 25 horas presenciais máis dúas de exame. A materia comezará cando se cubran as 30 prazas ofrecidas. Do prezo se informará no momento da inscrición.
Esta formación está destinada a agricultores que non dispoñan de persoal auxiliar na mesma explotación, o persoal auxiliar das empresas e outras entidades dedicadas á aplicación de produtos fitosanitarios, o persoal auxiliar das empresas e explotacións agrarias que apliquen estes produtos e o persoal auxiliar dos establecementos de venda ao público de este tipo de materiais.
As persoas interesadas en obter o cané básico de aplicación de fitosanitarios pode dirixirse ao Concello da Guarda ou ao local social da Asociación “O Percamino” para inscribirse. Ademais, quen precise máis información pode chamar ao número 609 11 78 35, pedir información en opercamino@hotmail.com ou no mesmo Concello.
Cursos en activo
Na actualidade a Asociación de veciños “O Percamino” xa teñen en activo dous cursos coas mesmas características do anterior.
As datas nas que se realizarán serán na semana do luns 14 de marzo ao venres 18 e o outro dende o luns 28 de marzo ata o venres 1 de abril.