Clausura do servizo de salvamento e socorrismo nas praias de Bandeira Azul
O pasado xoves, día 17 de setembro, cerrouse o servizo de salvamento e socorrismo nas praias de bandeira azul do Concello da Guarda.
Sete socorristas vixiaron, dende o 27 de xuño, polo tanto dous meses e medio, aos bañistas dos areais de O Muíño e Area Grande.
Esta tempada de praia, tal e como notificaron os socorristas que traballaron nos dous areais guardeses, pechouse sen incidencias graves a destacar.
Ademais, confirmaron que, durante estes meses de verán descendeu notablemente o número de persoas atendidas tanto por picaduras de avespas coma de fanecas bravas, comparando os datos rexistrados en anos anteriores.
Máis bañistas
Este verán o número de turistas que chegaron A Guarda foi moito maior que en anos anteriores, por esta razón, a afluencia ós areais guardeses tamén superou o rexistrado en datas pasadas.
As condicións climatolóxicas moi favorables con máis días de soa calidade excelente das augas das praias e os medios correctos que habilitan as zonas de bañistas na vila, fixeron que as praias da Guarda luciran cheas durante os meses de verán.