(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Cultura

    • Home
    • Cultura
    • Actividades musicais, deportivas e relixiosas copan a primeira fin de semana de agosto na Guarda

    Actividades musicais, deportivas e relixiosas copan a primeira fin de semana de agosto na Guarda

    • Posted by prensa
    • Categories Cultura, Deporte, Turismo
    • Date 3 August, 2017

    Agosto arrinca na Guarda cunha primeira fin de semana cargada de actividades culturais, deportivas e relixiosas dirixidas a todo o público. A festa en honra a San Caetano comeza esta noite e rematará este domingo 6 de agosto no barrio da Cruzada, incluíndo programación musical e gastronómica, namentres as actividades deportivas concentraranse na xornada do sábado, co Galifornia Beat e o Trofeo de Hóckey Liña e a Carreira Pedestre no marco das Festas do Monte.

    A programación cultural comeza esta noite no Centro Cultural da Guarda, onde se celebrará o XXXI Certame de Poesía Feliciano Rolán, organizado pola Agrupación Cultural Guardesa. A cita será ás 21.00 horas, contando coa presenza das persoas galardoadas no concurso literario: Isaura Lago, Rocío Leira e Ramón Sandoval. A nota musical poñerana as pianistas María Alonso e Laura González, cunha actuación especial.

    Como cada xoves, ademais, poderemos percorrer a vila da man da compañía teatral Os Quinquilláns, cunha interpretación ambientada nos anos trinta coa que se pretende amosar dun xeito ameno e diferente a historia e o patrimonio da noso pobo. As visitas teatralizadas parten da Praza da Igrexa, ás 21.30 horas, e continua pola Praza do Reló, a rúa Colón, a rúa Baixo Muro, a rúa José María Lomba Peña e a rúa Malteses ata chegar ó porto, onde haberá unha actuación musical.

    Festas na honra de San Caetano

    O barrio da Cruzada da comezo ás Festas de San Caetano esta noite, ás 21.00 horas, coa subida do arco floral. Continuarán as xornadas festivas o venres, coa sardiñada a partir das 21.00 horas, seguida das actuación da orquestra Costa Blanca; e o sábado, coa gran verbena da man de Los Soprano e Ambar. Ámbolos dous días contarán co pasacalles a cargo do grupo de gaitas A Boalleira.

    O domingo pola mañá será a quenda dos actos relixiosos, coa celebración da misa solemne ás 11.30 horas e a posterior procesión partindo da capela de San Caetano, acompañada polo grupo de gaitas A Boalleira e o coro parroquial. Xa pola tarde, a partir das 19.00 horas, realizaranse as tradicionais puxas e, tras delas, o grupo de pop-rock guardés Songodin’s ofertará un concerto.

    Deporte e cultura urbana no porto

    O sábado 5 de agosto será o gran día do deporte. Especialmente, daqueles relacionados coa cultura urbana no marco da terceira edición de Galifornia Beat, organizada por Skateboarding360 en colaboración co Concello da Guarda. O evento “multideportivo e multicultural”, segundo o definen os organizadores, terá lugar na atalaia do porto guardés a partir das 10.00 horas e contará con competicións en tres modalidades de skateboarding: Street skate ou patinaxe de rúa; miniramp, na que os skaters fan uso de pequenas ramplas; e S.K.A.T.E, unha modalidade de competición a dúo na que os contrincantes poñen a proba a destreza do outro na realización de determinados trucos.

    As actividades deportivas complétanse coa oferta de clases de break dance e a práctica de flyboard e hoverboard, dúas modalidades acuáticas que permiten elevarse sobre a auga e para cuxo desfrute é preciso inscribirse previamente a través da páxina www.flyboardvigo.com. Amais destas, as persoas que se acheguen á atalaia -na que haberá postos de artesanía, comida, bebida e inchables para os cativos- poderán presenciar as pintadas de graffitis e os concertos, que se celebrarán a última hora da tarde.

    Primeiras actividades da Festa do Monte

    As primeiras actividades deportivas das Festas do Monte serán tamén o sábado, a partir das 18.00 horas. Por unha parte, no pavillón das Solanas disputarase o Trofeo Festas do Monte de Hóckey Liña, con categorías senior e amateur. Paralelamente, partirá da Alameda da Guarda a tradicional Carreira Pedestre Popular, cuxa inscrición permanecerá aberta ata mañá ás 19.00 horas, na páxina www.trega.es. Tamén é posible a inscrición de xeito presencial, para o que as persoas interesadas deben achegarse ata a Alameda esta tarde entre as 18.00 e as 20.00 horas ou mañá entre as 17.30 e as 19.00 horas.

    A Festa do Monte, con todo, arrincará oficialmente o próximo luns, 7 de agosto, co  pregón inaugural a cargo dun responsable do Real Club Celta de Vigo, precedido pola benvida do alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba. As grandes festas guardesas continuarán durante toda a semana, cunha programación deportiva, cultural e lúdica intensiva ata o 15 de agosto.

     

      Tag:Carreira Pedestre Popular, Festas do Monte, Galifornia Beat, Trofeo de Hóchey Liña

      • Share:
      prensa

      Previous post

      A XIV Festa do Peixe Espada pecha a súa edición máis exitosa con 1.500 quilos servidos
      3 August, 2017

      Next post

      As oficinas de turismo rexistran un aumento dos visitantes, con máis de 1.570 atendidos en xullo
      3 August, 2017

      You may also like

      • A Guarda celebra o III Torneo Internacional de Judo Infantil Santa Trega
        30 April, 2026
      • A Agrupación Musical da Guarda continúa cos seus concertos nas parroquias
        27 April, 2026
      • O coro Cantábile actuará no I Festival Sons de Salcidos
        22 April, 2026

      Search

      Categories

      • General
      • Highways and works
      • Tourism
      • Uncategorized
      • Women

      Rebulindo

      • Móvete (Actividade física)
      • Lemos Xuntos?
      • Dalle ó Play
      • Coñece a vila!
      • A vida é xogo
      • Acion (Formación)
      Logo Concello de A Guarda

      (+34) 986 610 000

      (+34) 986 610 283

      alcaldia@aguarda.es

      MOBILE APP

      You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

      A Guarda IOS application
      A Guarda Android application

      Council

      • Write to the Mayor
      • Schedules of Interest
      • Sede Electrónica
      • Whistleblowing channel

      Información

      • Associations and Groups
      • Phones of interest
      • Emergency Pharmacy

      Recommended

      • Events
      • News

      © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

      • Legal notice
      • Política de cookies
      • Privacy Policy