(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Cultura

    • Home
    • Cultura
    • A XIV Festa do Peixe Espada pecha a súa edición máis exitosa con 1.500 quilos servidos

    A XIV Festa do Peixe Espada pecha a súa edición máis exitosa con 1.500 quilos servidos

    • Posted by prensa
    • Categories Cultura, Turismo
    • Date 1 August, 2017

    A pasada fin de semana, A Guarda acolleu unha das edicións máis exitosas da Festa do Peixe Espada, organizada pola Organización de Palangreiros Guardeses (OR.PA.GU) en colaboración co Concello da vila. Con máis de 1.500 quilos do peixe protagonista servidos, tanto os establecementos hostaleiros participantes como os organizadores coinciden en sinalar a súa satisfacción cos resultados desta décimo cuarta edición da celebración gastronómica.

      Durante os tres días de festa, as preto de 3.000 persoas que visitaron a carpa instalada no porto guardés, puideron degustar ata 16 preparacións distintas do peixe espada elaboradas polos restaurantes participantes (Xantar, O Roxo, O Cangrexal e Xeito). Entre os máis populares, amais do tradicional peixe espada á prancha con cachelos, gozaron de boa acollida entre veciños e visitantes novas preparacións como as vieiras ou o fideuá de  espada. Estas variedades, cuxos prezos non acenderon de 8 euros, completáronse coa oferta de sobremesas  da confeitería Estévez e o posto de produtos gourmet en conserva de OR.PA.GU.

      Máis que gastronomía

      A celebración arrancou o venres pola tarde, tras o pregón protagonizado polas campionas de Liga do Club de balonmán Mecalia Atlético guardés. As xogadoras  aproveitaron a ocasión para amosar o novo equipamento, entre cuxos patrocinadores se atopa OR.PA.GU.

      Ao acto inaugural seguíronlle tres xornadas de festa, á que acudiron milleiros de persoas. Mais non só pola oferta gastronómica, senón tamén polas actividades lúdicas e deportivas dirixidas a toda a familia. Así, a tarde e a noite do venres foron amenizadas pola charanga Cantos Somos e o concerto “Tributos Rock&Pop” da Agrupación Musical da Guarda. Durante o sábado, o Coro Fuscalheiro e o grupo de Acordeóns Mascarelhas deron protagonismo á música tradicional, para dar paso a unha noite que rematou na carpa do porto coa música electrónica, da man do DJ Diego Wass.

        A xornada gastronómica seguiu acompañada de actuacións o domingo, co grupo de baile e gaitas Do Lusco ó Fusco e A Boalheira. Amais destas, a festa contou con mercado artesanal durante os tres días e outras actividades dirixidas aos máis pequenos: inchables, pintacaras, obradoiros e os cursos de vela ofertados polo Club Alagua. O entorno do porto converteuse durante os tres días nun espazo de diversión e entretemento para maiores e cativos.

          II Campionato Galego Inclusivo de Náutico Adaptado

          Durante a mañá do sábado celebrouse o IV proba da segunda edición do Campionato Galego Inclusivo de Náutico adaptado, organizado polo Club Náutico Sen Amarras dentro desta XIV Festa do Peixe Espada. A proba contou con 14 equipos participantes, con membros con e sen discapacidade, que tiveron que realizar probas nun percorrido polo porto guardés cun tempo máximo de 4 minutos. Os vencedor neste torneo foi equipo formado por Fabián de Saa e Rocío Penedo, seguidos de Pedro Nunes e Ignacio Martínez, nun segundo posto; e o equipo formado por Mónica Rodríguez e Óscar Gallego, que ocuparon o último lugar do podio.

          Os vencedores recibiron os seus trofeos da man do Capitán da Comandancia Naval do Miño, Ignacio Tobarra, o presidente de OR.PA.GU, Joaquín Cadilla, e a concelleira de Turismo e Desenvolvemento Económico, Monserrat Magallanes.

            OR.PA.GU quixo agradecer dun xeito especial o apoio prestado polo Concello da Guarda na organización e desenvolvemento desta XIV edición da Festa do Peixe Espada, “a máis exitosa desde que se recuperou a festa” no ano 2016, apuntou a xerente da organización, Juana Parada. Namentres, dende o Concello existe a vontade de continuar impulsando a celebración gastronómica, que ano a ano contribúe ao impulso do turismo na vila, así como á promoción dos seus produtos e o bo facer dos seus hostaleiros.

            Tag:ORPAGU, Porto da Guarda, XIV Festa do Peixe Espada

            • Share:
            prensa

            Previous post

            Horario semanal do ferry A Guarda – Caminha do martes 1 ao 6 de agosto
            1 August, 2017

            Next post

            Actividades musicais, deportivas e relixiosas copan a primeira fin de semana de agosto na Guarda
            3 August, 2017

            You may also like

            • A Casa dos Alonso acolle unha nova exposición de pintura do grupo Grisalla
              5 November, 2025
            • A Guarda continúa coa programación de teatro co monólogo “Hechos furiosos”
              4 November, 2025
            • A Asociación das Alfombras organiza unha xornada de obradoiros para os máis pequenos
              3 November, 2025

            Search

            Categories

            • General
            • Highways and works
            • Tourism
            • Uncategorized
            • Women

            Rebulindo

            • Móvete (Actividade física)
            • Lemos Xuntos?
            • Dalle ó Play
            • Coñece a vila!
            • A vida é xogo
            • Acion (Formación)
            Logo Concello de A Guarda

            (+34) 986 610 000

            (+34) 986 610 283

            alcaldia@aguarda.es

            MOBILE APP

            You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

            A Guarda IOS application
            A Guarda Android application

            Council

            • Write to the Mayor
            • Schedules of Interest
            • Sede Electrónica

            Información

            • Associations and Groups
            • Phones of interest
            • Emergency Pharmacy

            Recommended

            • Events
            • News

            © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

            • Legal notice
            • Política de cookies
            • Privacy Policy