(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Cultura

    • Home
    • Cultura
    • A Guarda vestirase de flores esta fin de semana pola festividade do Corpus Christi

    A Guarda vestirase de flores esta fin de semana pola festividade do Corpus Christi

    • Posted by prensa
    • Categories Cultura, Turismo
    • Date 31 May, 2018
    Decenas de veciñas e veciños traballarán durante a noite do sábado na decoración das rúas coas tradicionais alfombras florais | Esta será a derradeira fin de semana para gozar da ruta gastronómica «Tapearte». 

    O municipio guardés preparase dende hai semanas para vivir unha das súas festividades máis destacadas, coa elaboración das tradicionais alfombras florais que cubrirán as principais rúas do casco antigo da vila na fin de semana do Corpus Christi. Decenas guardesas e guardeses traballan arreo estes días para ultimar os preparativos, que comezarán a tomar forma durante a tarde e a noite do sábado. 

    A veciñanza e os visitantes poderán gozar dos coloridos tapices xa na mañá do domingo, tras toda unha noite de traballo. Estes poderán contemplarse na Praza do Reló, a praza Ignacio Sobrino, a praza José María Lomba e  e as rúas Oliva, Hernán Cortés, Malteses e Concepción Arenal, así como na zona da Ribera. A contorna desta rúas permanecerá pechada ao tráfico ata o remate da tradicional procesión, que partirá dende a Igrexa parroquial de Santa María unha vez rematada a misa (12:30 h). 

    Últimos días para «tapear»

    A sexta edición da ruta gastronómica «Tapearte» chegará ao seu fin esta fin de semana, coincidindo coa celebración da festividade do Santísimo. Con máis de 2.800 tapas xa servidas, os 19 bares e restaurantes participantes prepáranse para acoller a partir de mañá aos «ruteiros» e as «ruteiras» máis rezagadas, que poderán gozar dunha variada oferta de tapas a un prezo único de 2€ durante o mediodía e a tardiña deste venres, sábado e domingo.

    Os comensais dispón dun pasaporte no que, ademais de atopar a información detallada sobre cada unha das tapas, poderán selar aquelas que xa teñan degustado e participar no sorteo dun smartphone Samsung Galaxy 7J. Para isto, será preciso depositar os pasaportes cun mínimo de 6 selos nas urnas disponibles en cada un dos establecementos participantes e na Oficina de Turismo do Concello da Guarda. Ademais, aquelas persoas que reúnan un mínimo de 10 selos, recibirán como agasallo directo un lote de viño Pazo de Seoane da Adega Lagar de Fornelos (O Rosal).

    Tag:Alfombras florais, Casco antigo, Corpus Christi, ruta gastronómica, tapearte

    • Share:
    prensa

    Previous post

    Convocatoria do proceso selectivo para a contratación dun informador turístico
    31 May, 2018

    Next post

    Arela busca persoas e familias dispostas a convivir con adolestes con medidas xudiciais
    31 May, 2018

    You may also like

    • O coro Cantábile actuará no I Festival Sons de Salcidos
      22 April, 2026
    • Este sábado estréase na Guarda a película ‘La red’ de BoscoVision ProduCinema
      20 April, 2026
    • A escola Attitude presenta este domingo o seu festival de primavera
      13 April, 2026

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica
    • Whistleblowing channel

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy