Alumnos da Sangriña participan no Proxecto conecta+ un enfoque positivo hacia as novas tecnoloxías
Ao longo desta semana o alumnado de terceiro da ESO do IES A Sangriña da Guarda participou en varias charlas enmarcadas no Proxecto conecta+, un programa impulsado dende a Concellería de Xuventude do Concello da Guarda.
Nesta actividade o alumnado traballou cos recursos e ferramentas que ofrece internet e as pantallas dixitais, coñecendo todo que aportan aos adolescentes e tamén concienciando da súa importancia para eles e elas pero, tendo en conta a prevención das condutas de risco e o emprego inadecuado das tecnoloxías.
Un programa de prevención poñendo o foco nos beneficios e no positivo, non centralizado no problema, aprendendo e ofertando ferramentas e criterios.
Este proxecto para o seu desenvolvemento contou cunha profesional coñecedora tanto das tecnoloxías como dos e das adolescentes, desenvolvendo un proxecto baseado neles e nelas.