Bases para a contratación laboral temporal de dúas prazas de socorristas acuáticos no Concello da Guarda
Bases para a contratación temporal de dúas prazas de socorristas na Guarda
Tendo en conta a necesidade existente de proceder á contratación de dous socorristas no Concello da Guarda.
En virtude das facultades que me confire a vixente lexislación en materia de Réxime Local e sendo emitidos informes pola Secretaría e pola Intervención municipal
RESOLVO: Levantar o reparo número 87/2016 da Intervención municipal, por considerar necesarias e de gran interese as contratacións propostas, e aprobar as seguintes bases para a selección de 2 socorristas.
BASES PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE DÚAS PRAZAS DE SOCORRISTAS NO CONCELLO DA GUARDA
BASE 1ª.- OBXECTO.
O obxecto das presentes bases é proceder á selección de dous socorristas para a súa contratación laboral temporal polo Concello de A Guarda, para a obra ou servizo “SOCORRISMO EN PRAIAS”, de interese xeral e social en beneficio da comunidade.
BASE 2ª.- NATUREZA DO CONTRATO.
A natureza dos contratos será laboral temporal por obra ou servizo determinado de interese social, ó abeiro do establecido na lexislación vixente.
O contrato terá unha duración dende a sinatura do contrato e ata o 23 de setembro, a xornada completa, de luns a domingo, no horario que determinen os responsables municipais.
As retribucións serán as seguintes: 1.110,61 euros brutos mensuais
BASE 3ª.- REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN.
As persoas interesadas en tomar parte nesta contratación, deberán reunir os seguintes requisitos:
-
Ter a nacionalidade española, sen perxuízo do disposto no artigo 57 do EBEP.
-
Ter cumpridos os 16 anos de idade e non ter alcanzado a idade de xubilación forzosa.
-
Estar inscrito ou ter solicitada a inscrición ( sempre que non transcorresen máis de tres meses dende a solicitude) no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia, dependente da Academia Galega de Seguridade Pública, na sección de socorristas en espazos acuáticos naturais.
-
Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das CC.AA., non atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para emprego ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ó corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desenvolvían no caso do persoal laboral, no que tivera sido separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente non ter sido sometido a sanción disciplinario ou equivalente que impida no seu estado, nos mesmos termos, o acceso ó emprego público.
-
Non estar incurso en causa de incompatibilidade para o posto.
-
Certificado médico de non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o exercicio das funcións propias do posto (só os aspirantes seleccionados)
BASE 4ª.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.
As solicitudes acompañaranse coa documentación compulsada que acredite as condicións mínimas esixidas nesta convocatoria e dos méritos alegados polo aspirante, así como copia do DNI, carné de conducir ou pasaporte, nas oficinas municipais (rexistro xeral do Concello da Guarda de luns a venres (de 9:00 a 14:00 horas) e os sábados (de 10:00 a 13:00 horas), ou en calquera das formas que sinala o art. 38.4 da Lei 30/92, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico e do Procedemento Administrativo Común.
O prazo para a presentación de instancias será de cinco días naturais dende o día seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Faro de Vigo.
A presentación de solicitudes poderá facerse ben no rexistro xeral do Concello, ben en calquera das formas establecidas no art. 38.4 da Lei 30/92 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. As solicitudes que se presenten a través da oficina de correos ou a través do Portelo Únicodeberán entregarse en sobre aberto para ser seladas e datadas polo funcionario de Correos ou da administración receptora da documentación. Nestes dous casos, unha vez presentada, deberá enviarse vía fax ó Concello (986610283) a solicitude debidamente selada antes do fin do prazo para a presentación de solicitudes, xunto coa acreditación da titulación mínima esixida para participar na convocatoria. A falta de cumprimento deste requisito suporá a exclusión da solicitude.
Esta documentación será a que segue:
-
solicitude (con Rexistro de Entrada)
-
copia do DNI ou documento que legalmente o substitúa.
-
copia da titulación esixida na convocatoria.
-
declaración responsable en relación (Anexo I).
-
documentación acreditativa das circunstancias alegadas .
-
Certificado médico de non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o exercicio das funcións propias do posto (só os aspirantes seleccionados)
Con posterioridade, dictarase unha resolución na que se admitirá ós/ás candidatos/as que presentasen a documentación anterior correctamente e se excluirá provisionalmente ós/ás candidatos que non o fixeran, concedéndoselles un prazo de UNdía natural para subsanar os erros ou defectos que houbera. Posteriormente, elaborarase una nova lista cos definitivamente admitidos/as e excluídos/as. Recordar que a documentación subsanable é soamente a que acredite as condicións mínimas esixidas na convocatoria, polo que os méritos non son subsanables.
Recordar ós aspirantes que a documentación poden compulsala no Rexistro Xeral do Concello de A Guarda no momento de entregar a solicitude, traendo copia e orixinal de todo aquilo que queiran presentar.
BASE 5ª.- TRIBUNAL CUALIFICADOR.
O Tribunal Cualificador, no que os membros teñen un nivel de titulación igual ou superior ó da praza convocada, estará integrado polos seguintes membros:
– PRESIDENTE: Un funcionario ou persoal laboral da Administración Pública.
– SECRETARIO: O da Corporación ou funcionario en quen delegue, que actuará con voz pero sen voto.
– VOCAIS: catro vocais, designados entre o persoal funcionario e laboral fixo da Administración Pública.
A designación de membros do tribunal cualificador, que se levará a cabo a través de resolución de Alcaldía, deberá incluír ó respectivo suplente e os vocais deberán posuír un nivel de titulación igual ou superior ó da praza convocada, o que deberá acreditarse mediante copia compulsada que acompañe ó escrito de designación de titular e suplente. O tribunal poderá requirir a asistencia de expertos na materia, que actuarán con voz pero sen voto, levando a cabo o asesoramento específico nas valoracións.
Para a válida actuación do Tribunal requiríase a presenza da maioría absoluta dos seus membros, titulares ou suplentes.
Os/as membros dos tribunais deberán absterse de intervir, comunicándolle ó Alcalde cando concorra neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/92 de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, así como cando tivesen realizado tarefas de preparación de aspirantes durante os cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria. Así mesmo, os/as aspirantes poderán recusar ós membros do tribunal cando concorra neles algunha das circunstancias previstas para a abstención e de conformidade co establecido no artigo 29 da Lei 30/92.
BASE6ª.-PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN.
O procedemento de selección será o de concurso-oposición:
A.- FASE CONCURSO: Valoraranse os seguintes méritos:
1.- Permisos profesionais: máximo 2 puntos.
-
Título ou autorización náutica de patrón de embarcacións:
-
Patrón de navegación básica: 1 puntos.
-
Patrón de Embarcacións de Recreo (PER) ou superior: 2 puntos.
2.- Permiso de conducción B: 1 puntos
B.- FASE OPOSICIÓN:Probas prácticas obrigatorias e non eliminatorias:
– A primeira proba consistirá en correr pola praia do Muíño unha distancia de 100 metros para posteriormente entrar na auga con aletas e floppy de rescate, nadar estilo libre ata chegar á baliza fondeada, bordeala e regresar á praia en simulación de remolque. Unha vez na praia deberá correr pola area ata as balizas do posto de salvamento. A presente proba valorarase de 0 a 5 puntos, outorgándoselle ó mellor tempo a máxima puntuación e posteriormente en orde decrecente de forma proporcional.
-A segunda proba consistirá nunha proba de RCP ( reanimación cardio pulmonar) en caso de afogamento de persoa insconsciente e sen respiración, sendo valorada de 0 a 5 puntos.
BASE 8ª.- En caso de empate de puntuacións, será seleccionado o aspirante que obtivera maior puntuación nos apartados obxecto de valoración, pola seguinte orde de prioridade:
1.- Probas prácticas.
2. Permisos profesionais
3.- Permiso de conducción B1
En caso de persistir o empate realizarase un sorteo.
Rematadas as probas o Tribunal aprobará a relación de aspirantes en orde de maior a menor puntuación total, propoñendo ó Sr. Alcalde para a súa contratación ás persoas que encabecen a relación do proceso selectivo.
No caso de que a persoa seleccionada non reunise os requisitos necesarios para a contratación poderá ser substituída pola seguinte da relación do proceso selectivo, situación que sucederá igual no caso de ser necesario cubrir algunha praza por razóns de baixa, enfermidade, etc., utilizando para iso a modalidade de contratación laboral apropiada para cada caso.
No caso de quedar deserto o proceso selectivo por non superar ningún aspirante a proba ou por non presentarse ninguén a esta, o Sr. Alcalde queda autorizado a convocalo novamente cantas veces fose necesario, de conformidade coas presentes bases.
BASE 9ª.-LEXISLACIÓN SUPLETORIA.
En todo o non previsto por estas Bases, os contratos rexeranse polo disposto na lexislación reguladora de contratos de obra ou servicio determinado de interese xeral ou social. Así mesmo, será de aplicación o Estatuto dos Traballadores e a lexislación de función pública que poida selo.
ANEXO I
D./Dª__________________________________________________ con DNI_________________,veciño/a de_____________________
e enderezo en___________________________________________
DECLARO BAIXO A MIÑA RESPONSABILIDADE:
1º.- Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das CC.AA., nin atoparme en inhabilitación absoluta ou especial para emprego ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ó corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desenvolvían no caso do persoal laboral, no que tivera sido separado ou inhabilitado. (No caso de ser nacional doutro estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente non ter sido sometido a sanción disciplinario ou equivalente que impida no seu estado, nos mesmos termos, o acceso ó emprego público).
2º.- Posuír a titulación esixida na convocatoria.
3º.- Non estar incurso en causa de incompatibilidade para o posto.
A Guarda, a ____ de________ de 2016
Asdo.: __________________________
A Guarda, xullo de 2016.
O Alcalde
Antonio Lomba Baz