Nova andaina “Ecotur” Caminha – A Guarda – O Rosal
Este sábado, día 11 de xuño, realizarase unha nova andaina “Ecotur” que partirá dende Caminha, pasando polo concello da Guarda, para rematar no Rosal.
Este sábado, día 11 de xuño, realizarase unha nova andaina “Ecotur” que partirá dende Caminha, pasando polo concello da Guarda, para rematar no Rosal.
Esta actividade, que está organizada pola Asociación do Val do Miño Transfronteirizo “Uniminho”, terá unha distancia máxima de 14 quilómetros, e unha duración aproximada de 5 horas e media.
A andaina terá como punto de partida en Caminha a Mata Nacional do Camarido, xunto ao Parque de Campismo, dende onde se sairá cara ás 9 horas da mañá.
Está previsto que para o almorzo se realice un picnic que custaría uns 5 euros, se o tempo acompaña. En caso contrario, a alternativa será comer nun restaurante cun menú de 8 euros que inclúe sopa, prato principal, bebida, sobremesa e café. A isto habería que engadirlle 1 euro polo transporte no Ferry.
O límite máximo de participantes é de 45 prazas e todos aqueles que que queiran participar deben realizar a inscrición nesta web http://tecpro.com.pt/uniminho/inscricoes-caminhadas-transfronteiricas-2016/. Ao facer a reserva débese indicar se, en caso de facer mal tempo, tamén estarían interesados tendo en conta que habería que pagar o prezo do restaurante.
Anímase a todos os veciños e veciñas da Guarda que desexen pasar un sábado facendo deporte nunha preciosa contorna natural e paisaxística a que aproveiten esta oportunidade.