(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Educación

    • Home
    • Educación
    • A campaña “Devólvelle a confianza” de CAAN anima á adopción de cans maltratados

    A campaña “Devólvelle a confianza” de CAAN anima á adopción de cans maltratados

    • Posted by prensa
    • Categories Educación, Outras
    • Date 11 September, 2017

    O Centro de Acollida e Protección de Cans Abandonados (CAAN) da Deputación de Pontevedra inicia unha campaña de rehabilitación de animais maltratados, co fin de fomentar a adopcións daqueles animais vítimas de danos e sufrimento tanto físico como psicolóxico.

    Baixo o lema “Devólvelle a confianza”, a campaña pon o foco neste grupo de animais por ser os máis vulnerables e chama á adopción como unha alternativa prioritaria que permita a súa rehabilitación.

    “A túa implicación é fundamental na adopción, favorece a súa recuperación e devólvelles a confianza nas persoas”, advirten dende CAAN. Non obstante, compre ter en conta que a adopción dun animal maltratado é unha situación complexa que supón moito tempo e dedicación, polo que esta debe ser unha decisión consciente e responsable.

    Que se pode considerar maltrato?

    O maltrato inclúe todas aquelas accións nas que se provoca dano ou sufrimento, tanto físico como psicolóxico, de xeito que o estado de saúde e as emocións e sentimentos dos animais tamén deben ser tidos en conta. Tanto os danos físicos coma os emocionais precisan de tratamento veterinario, pero tamén de moita implicación por parte das persoas coidadoras e futuras propietarias, xa que a total rehabilitación dos animais depende delas en gran medida.

    Unha das cadeliñas recollidas por CAAN, antes e despois de recibir coidados e agarimo

    O CAAN atende unha media anual de 50 animais procedentes de situacións de maltrato, retirados ou incautados polas autoridades. A súa atención e coidado son algunhas das funcións máis completas e importantes que asumen os refuxios e centros de recollida, xa que o seu labor é fundamental na recuperación e reinserción dos animais.

    O centro pertencente á Deputación de Pontevedra desenvolve, ademais, un papel fundamental na elaboración de informes periciais que advirten sobre o estado dos animais, os danos producidos e as súasconsecuencias, e colabora coas autoridades administrativas e xudiciais na persecución do delito. Os máis comúns están relacionados con situacións de abandono, mala alimentación, enfermidade ou cans permanentemente encadeados.

    En moitas ocasións, a estancia dos animais maltratados nos centros de acollida prolóngase por restricións temporais para a acollida e cesión, a causa de actuacións administrativas e xudiciais contra as persoas causantes do maltrato. Unha vez que sexa permitida polas autoridades xudiciais, a adopción dos animais maltratados é prioritaria, xa que aqueles que presentan alteracións emocionais precisan dun ambiente estable e tranquilo que lles proporcione seguridade.

    O Centro de Acollida e Protección Animal

    O Centro de Acollida e Protección Animal (CAAN) púxose en marcha no ano 2013, contando na actualidade con 49 concellos adheridos, entre eles o Concello da Guarda. As instalacións do centro atópanse en Lugar do Busto, na parroquia da Armenteira do Concello de Meis.

    O CAAN realiza numerosas campañas de dirixidas a concienciar á sociedade do bo trato e os coidados que lles han de dispensar aos animais domésticos, conseguir que a adopción se converta na alternativa principal ou a necesidade de que leven o seu microchip de identificación.

    Aquelas persoas interesadas en adoptar poden acudir ao centro no seu horario de apertura (de luns a venres de 12 a 19:30 horas e sábados de 11 a 14 horas) e solicitar información a través no teléfono 986 140 360 ou ben a través da súa páxina web, www.caan.depo.es.

    Tag:Adopción, Animais maltratados, CAAN, Deputación de Pontevedra

    • Share:
    prensa

    Previous post

    Horario semanal do ferry A Guarda - Caminha do martes 12 ao domingo 17 de setembro
    11 September, 2017

    Next post

    A Guarda e Caminha organizan unha andaina polas fortalezas do Baixo Miño este sábado
    13 September, 2017

    You may also like

    • #Euvoudechil organiza unha xuntanza de Nadal de coches o sábado 20 na Guarda
      12 December, 2025
    • A TVG gravará un vídeo para emitir o día das badaladas
      9 December, 2025
    • Convocatoria: pleno extraordinario urxente para este mércores
      9 December, 2025

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy