Clausura do curso de acompañante de transporte escolar
Esta mañá o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, a Concelleira e Deputada Provincial de Emprego Montserrat Magallanes e o Concelleiro de Formación e Emprego, Xavier Crespo, clausuraron o curso de “Acompañante de Transporte Escolar” promovido pola Deputación de Pontevedra en colaboración có Concello guardés.
Esta formación, que tivo unha duración de 40 horas, realizouse a través do programa provincial “Actívate”.
Na clausura, Montserrat Magallanes, quixo dar ánimos e apoio ós 24 alumnos do curso na busca activa de emprego.
Pola súa banda, o alcalde Antonio Lomba, afirmou que o Concello está traballando moito por e para a formación e agradeceu a boa resposta do alumnado. “Queremos pontenciar a creación deste tipo de cursos que axudan a mellorar os currículos”, dixo Lomba. E continuo: “Quero animarvos a que aproveitedes todas estas oportunidades”.
Xavier Crespo, aproveitou este acto para, ademais de dar os parabéns ós alumnos, informarlle sobre o programa de “Mentoring” e o “Laboratorio de Ideas” que comezarán no mes de outubro. “Quero animarvos a participar nestas iniciativas. Todas esas persoas que teñen unha idea, que teñen inquietudes… teñen cabida nestes programas”, comentou o Concelleiro.
Tras as súas palabras fíxose entrega dos diplomas ó alumnado.