(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Desenvolvemento local

    • Home
    • Desenvolvemento local
    • CLAUSURA DO CURSO “SEMENTA O TEU FUTURO: DINAMIZACIÓN DE EMPREGO” E PRESENTACIÓN DE NOVOS PROXECTOS

    CLAUSURA DO CURSO “SEMENTA O TEU FUTURO: DINAMIZACIÓN DE EMPREGO” E PRESENTACIÓN DE NOVOS PROXECTOS

    • Posted by Concello
    • Categories Desenvolvemento local
    • Date 13 July, 2015

    “As miñas expectativas eran altas, e a verdade é que se superaron”.

    Con esta frase, Estela Fernández, unha das alumnas do curso  “Sementa o teu futuro: dinamización de emprego” resumía o que para ela fora este mes de formación.

    A valoración final de todo as persoas que formaron parte deste curso, tanto alumnos coma mestres, organizado pola OMIX do Concello da Guarda, é moi positiva. O obxectivo marcado para esta formación era mostrar e ensinar ó alumnado novas maneiras de buscar traballo, quitarlle os medos ás posibles negativas e apoialos na creación dun novo proxecto, finalidades que se cumpriron notablemente.
    “Para min o máis útil e positivo foi a maneira na que me axudaron a quitar o medo que eu tiña a mandar o meu currículo, por exemplo, a un gran medio de comunicación”, afirma Bárbara Domínguez, de 23 anos licenciada en políticas e estudante dun ciclo de Turismo e Hostalería. “O que máis me gustou do curso é que foi unha actividade enfocada individualmente. O reforzo persoal que nos deron foi moi positivo e entendo que a todos nos servirá para o noso futuro”, conta Pablo Martínez, de 43 años, en paro e con estudos de electricidade.

    Continuidade nun futuro

    O Concelleiro de Formación e Emprego, Javier Crespo, visitou ós alumnos o penúltimo día de clase para, ademais de clausurar a formación dunha maneira formal comunicarlle boas novas. Crespo, quen se mostrou moi contento polas valoración cara o curso, afirmou que o que se busca dende o Concello é que esta formación teña unha continuidade. “O que buscamos é tratar de formarvos, de sementar o voso futuro e continuar axudando para que podades concretar proxectos”, díxolles o Concelleiro.

    Todas estas metas, concretou, se lograrán coa segunda fase deste proxecto. “A idea que temos é que en setembro se lle de unha continuidade ó curso. Que podamos facer outra formación de máis duración onde se fagan titorías individuais e de onde se poidan sacar proxectos e se materialicen”, afirmou Crespo.

    O xerme desta nova iniciativa está no grupo de persoas que formaron parte deste primeiro curso e que serán, se eles queren, alumnos do segundo. Nesta continuidade, na que contarán cos mesmos profesores que xa coñecen os seus perfís e inquedanzas, o que se busca de novo é fomentar o emprego e a inserción laboral.

    “Todo isto é moi positivo. Coñecer xente e as novas formas de buscar emprego sempre axuda”, contaba Elia Alonso, de 50 anos en paro, tras coñecer a noticia da continuidade do curso.
    María Placer Pousa, tamén alumna en paro, e de 53 anos, afirma estar contenta mais un pouco reticente a montar un novo negocio. “Dinos que hai moitos pros pero penso que deberían falarnos máis dos contras”, conta Pousa.

    A maioría das persoas que formaron parte deste primeiro proxecto de dinamización para o emprego afirman estar ilusionados coa segunda fase, unha nova iniciativa moito máis individualizada que o que buscará será axudar nas dúbidas concretas de cada alumno ou alumna.

    “Eu xa me levo moitísimas cousas deste curso, formación que teño que madurar en casa e sacarlle todo o xugo que ten”, dicía Estela Fernández. E continuaba, “falando co resto de compañeiros cremos que este segundo proxecto será moi positivo para todos nós, despois do verán e despois de madurar as nosas ideas voltaremos con máis ganas”.

    O Concelleiro de Emprego e Formación afirmou que, a pesar de que aínda quedan cousas sen rematar, o xerme do novo proxecto está e que “as ganas” tamén.

    • Share:
    Concello

    Previous post

    A Guarda acolle esta semana a inauguración de dúas exposicións: “Exfimiño 2016” e “Escenarios da Prehistoria”
    13 July, 2015

    Next post

    FIN DE SEMANA DEPORTIVA NA GUARDA
    28 August, 2015

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica
    • Whistleblowing channel

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy