COMUNICADO: Sobre o peche de atraccións das Festas do Monte 2024
A seguridade da cidadanía e dos visitantes é prioritaria para o Concello da Guarda, polo que as atraccións permanecerán pechadas ata que non se poida garantir a seguridade.
A documentación presentada por parte dos feirantes foi deficitaria e non cumpre a normativa vixente; nalgúns casos falta documentación técnica, etc.
Onte á tarde, a horas da apertura das atraccións, presentaron ante o Concello o parte do enxeñeiro contratado polos feirantes que acredita a súa seguridade e boa montaxe, así como o seguro de responsabilidade civil. Esta documentación debe ser revisada polos servizos municipais.
Todo este proceso garante que a cidadanía, moitos deles nenos e nenas, desfruten das atraccións e das festas con total seguridade e sen sobresaltos.
Por último, desde o Concello queremos pedir aos medios de comunicación que corroboren co consistorio a información ou, como mínimo, den a coñecer a súa versión antes da publicación de certas informacións que poden causar falsos rumores ou inseguridade respecto a festa, desacreditando a labor dos traballadores municipais e do goberno da Guarda.