(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Desenvolvemento local

    • Home
    • Desenvolvemento local
    • Degusta Europa chega ao seu fin na Guarda despois de servir máis de 7.000 tapas en mercados da provinca para celebrar a gastronomía de proximidade

    Degusta Europa chega ao seu fin na Guarda despois de servir máis de 7.000 tapas en mercados da provinca para celebrar a gastronomía de proximidade

    • Posted by prensa
    • Categories Desenvolvemento local
    • Date 1 June, 2022
    Degusta Europa chega ao seu fin na Guarda despois de servir máis de 7.000 tapas en mercados da provinca para celebrar a gastronomía de proximidade

    • As elaboracións baseadas en pratos franceses, italianos, suízos, gregos, daneses, checos, holandeses, belgas e irlandeses do menú do alumnado do CIFP Manuel Antonio foron as protagonistas da cita

    • Ao longo do último mes, o alumnado das escolas de hostalería espallou a gastronomía con produtos de quilómetro cero polo Grove, Mondariz, Pontevedra, Gondomar e Vigo

    Despois de recalar nos mercados das vilas do Grove, Mondariz, Pontevedra, Gondomar e Vigo, o programa “Degusta Europa” da Deputación de Pontevedra puxo o broche de ouro a esta edición na súa última cita, que tivo lugar no mercado municipal da Guarda. Alí, a veciñanza e os traballadores e traballadoras do mesmo puideron gozar dun menú baseado en pratos de países como Francia, Italia, Suíza, Grecia, Dinamarca, República Checa, Holanda, Bélxica ou Irlanda pero elaborados con produtos quilómetro cero que se poden atopar no día a día nos mercados como o da Guarda. A esta cita coa gastronomía europea non quixeron faltar, ademais, o deputado Carlos Font e as concelleiras da Guarda Mª Monsterrat Magallanes e Fátima Rodríguez.

    O menú do mercado da Guarda, que foi elaborado polo alumnado de hostalería do CIFP Manuel Antonio de Vigo dirixido por membros do profesorado do centro, estivo composto por petiscos e tapas como cunca da horta de cabaza asada, escuma de patacas e aire de ceboliño; tosta de cabala afumada, risotto cremoso de grelos con espeto de galiña; esfiado de porco a baixa temperatura en plan de pita; bucle de calamar crocante sobre produtos da terra; vasiños de iogur e crema de marmelo; enreixado de cabelos de anxo; melindres e torta das Rías Baixas. Tampouco faltou un cóctel elaborado a base de vermú de orixe galego, que contribuíu tamén a poñer en valor os produtos de proximidade.

    Desta maneira, na súa sexta cita co pública de Pontevedra, “Degusta Europa” chega ao seu fin por este ano despois de servir máis de 7.000 tapas, petiscos e bebidas nos mercados que participaron este ano na provincia. Foron os alumnos e alumnas dos CIFP Carlos Oroza (no Grove, Mondariz e Pontevedra) e do CIFP Manuel Antonio (en Gondomar, Vigo e A Guarda) os encargados de elaborar e servir os menús nos mercados. Este programa, que a Deputación de Pontevedra puxo en marcha no ano 2016 e que nas pasadas edicións xa recorreu os concellos de Baiona, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Cangas, O Grove, A Guarda, Lalín, Marín, Pontevedra, Soutomaior, Tui, Vilagarcía de Arousa e Vigo, naceu co obxectivo de conmemorar o Día de Europa, que se celebra cada ano o 9 de maio para poñer en valor o que significa pertencer á Unión Europea e os valores que integra. Despois de celebrarse en liña no ano 2020 por mor da pandemia a través de receitas das escolas de hostalería de Pontevedra e de vídeos de cociñeiros e cociñeiras de gran prestixio da provincia, neste 2022 volveu á presencialidade cun grande éxito de público.

    Tag:A Guarda, Degusta Europa, Mercado, Praza de Abastos

    • Share:
    prensa

    Previous post

    O monte Santa Trega amplía a oferta de visitas guiadas
    1 June, 2022

    Next post

    A Guarda abre un proceso participativo para a ampliación e mellora da Piscina Municipal
    1 June, 2022

    You may also like

    • O alcalde da Guarda visita ‘Coeco Creative’ no seu novo local na rúa Brasil
      10 March, 2026
    • A praza de Abastos reinagúrase cunha nova estética con máis luz e zonas de descanso
      5 March, 2026
    • O alcalde da Guarda visita ‘Terraverde Vinoteca’ tras a súa reapertura coa nova xerencia
      4 March, 2026

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica
    • Whistleblowing channel

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy