Esta fin de semana chega a IV Feria do Libro Luso Galaico da Ribeira Miño
Os concellos da Guarda, Caminha e O Rosal, que conforman a Eurocidade Foz do Miño, xúntanse para celebrar a IV feria do Libro Luso Galaico da Ribeira Miño.
O certame será durante esta fin de semana nos tres municipios, no caso da Guarda, os libros estarán á venda e exposición na Casa dos Alonso o venres e sábado de 11:00 a 14:00 horas e de 17:30 a 20:00 horas.
Esta feria quere divulgar os libros e autores da “raia”, mais sobre todo, daqueles autores naturais destes concellos. Ademais, haberá outras actividades na veciña Caminha, como contacontos, obradoiro, presentación dun libro e unha conferencia co autor galego Ramón Villares.
Tras a apertura oficial o venres na praza Conselheiro Silva Torres (Caminha), ás 18:30 horas haberá poemas cantados de Isabel Marouço. Ao día seguinte, será o contacontos ás 16:00 horas cunha historia de Alexis Tolstoi; e ás 18:00 horas preséntase o libro “O barco de Vilar de Mouros e outras embarcações do Rio Coura”.
Finalmente, o domingo ás 18:00 horas será a conferencia con Ramón Villares de “Un libro, unha conversa e ás veces un filme”.