Este sábado estréase na Guarda a película galega “Praesagium”
A Guarda acolle esta sábado 19 de outubro a estrea da versión galega da película “Praesagium”. A proxección comezará ás 20:00 horas no Centro Cultural.
Esta película amateur conta coa interpretación de mozos e veciños da Guarda: Anxo Aldea, Xiana Aldea, Juanjo Aldea e Sofía González. Ademais foi rodada parcialmente na nosa vila.
A trama trata a historia dunha moza que ten unha premonición recorrente sobre outra moza moi parecida a ela, pero do século XVI.
Como particularidade, esta película gravouse tanto en castelán coma en galego de forma simultánea. E nesta ocasión, proxectarase a versión galega no Centro Cultural.
A entrada será de balde e ademais contarase coa presenza de parte do equipo artístico da película.



