A Guarda convértese en escenario da nova película de Daniel Sánchez Arévalo
Está claro que desfrutamos dunha vila de película. Desde hai algo máis dun mes e medio, A Guarda converteuse no set de grabación da nova película de Daniel Sánchez Arévalo.
Onte, tocoulle á rúa Concepción Arenal ser o escenario da película “Rondallas”. O alcalde, Roberto Carrero, e os concelleiros, Isidro Lomba e Óscar Alonso acompañaron ao conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos a facer unha visita ao ser da rodaxe.
Alí agardaba parte do talentoso casting: Javier Gutiérrez, María Vázquez e Tamar Novas. Ademais, participan outros coñecidos actores e actrices do público galego como Carlos Blanco, Xosé A. Touriñán, Marta Larralde, Fer Fraga ou Judith Fernández, entre outros nomes.
Moitas grazas ao todo equipo por elixir A Guarda. Desexámoslle á mellor das sortes con este proxecto!