O venres 25 impartirase unha charla informativa de seguridade no Concello
A Policía Nacional e a Garda Civil ofrecen o próximo venres 25 de outubro unha charla informativa dirixida especialmente ás persoas maiores.
O “Plan Mayor Seguridad” está dirixido a ofrecer información para unha maior protección e seguridade tratando de chegar ao maior número de persoas posibles, sobre todo maiores. Este colectivo é un dos obxectivos máis habituais dos delitos, por iso, estas charlas tentan darlle información tanto de prevención como de denuncia.
O venres 25 de outubro a partir das 11:00 horas na Casa dos Alonso dará comezo a charla informativa do “Plan Mayor Seguridad”.