(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Cultura

    • Home
    • Cultura
    • A Guarda celebrou o ano do centenario do MASAT cunha ampla programación cultural

    A Guarda celebrou o ano do centenario do MASAT cunha ampla programación cultural

    • Posted by prensa
    • Categories Cultura, Patrimonio
    • Date 29 December, 2017

    En 2017 cumpríronse cen anos da apertura das portas do primeiro museo de Galicia, o Museo Arqueolóxico de Santa Trega (MASAT), que na actualidade atópa na cima do Monte Santa Trega. Foron numerosos os actos levados a cabo durante un ano para conmemorar o centenario deste espazo museístico que iniciou a súa actividade o 10 de xuño de 1917.

    O Concello traballou dende comezo do ano na imaxe que identificase o aniversario, deseñando un logo conmemorativo e vallas publicitarias lembrando o aniversario (situadas estas na zona das Loucenzas e na Alameda). Da mesma forma, na fachada principal do museo colocouse unha lona que permanecerá alí durante anos.

    Respecto das actividades programadas, o centenario comezou a celebrarse cunha serie de obradoiros prácticos complementarios á oferta didáctica do MASAT. Con motivo do Día dos Museos, celebrouse unha xornada especial cun taller de cerámica, nós mariñeiros e heráldica, estendendo así a conmemoración do centenario ós outros espazos que conforman a Rede de Museos da Guarda. As actividades continuaron durante a temporada estival con visitas guiadas ao castro e o museo, dirixidas tanto a turistas como a centros escolares e outros grupos concertados.

    Coincidindo co día no que se cumpriu o centenario da apertura do MASAT, o 10 de xuño de 2017, o historiador guardés Joaquín Miguel Villa Álvarez resaltou nunha conferencia as cualidades da Sociedade Pro-Monte, impulsora de varias iniciativas ao inicio do século XX, como a apertura do museo e a carreteira de subida ao monte coa descuberta do castro.

    En conmemoración deste fito para a Guarda e Galicia e en recoñecemento do labor levado a cabo pola Sociedade Pro-Monte, instalouse un monólito labrado pola Escola de Canteiros de Pontevedra situado na praza do Reló que recordará sempre os cen anos pasados.

    Durante o verán, realizouse nunha mostra monográfica titulada «Viaxando pola historia, cen anos do MASAT» na céntrica Casa dos Alonso. Alí exhibíronse durante máis dun mes as pezas arqueolóxicas procedentes dos fondos e se repasaron os cen anos de historia da institución. Amais, elaborouse un catálogo da mostra e, coas pezas máis emblemáticas da colección museística, deseñáronse uns paneis explicativos que se colocaron en diferentes puntos da vila.

      Este grande abano de actividades co que puxo en valor esta importante parte da historia e patrimonio da nosa vila, contou co financiamento da Deputación de Pontevedra ao abeiro do Plan Concellos 2017.

      Tag:castro, Centenario do MASAT, MASAT, Monte Santa Trega, Sociedade Pro-Monte Santa Trega, Viaxando pola historia

      • Share:
      prensa

      Previous post

      O ano despídese con cultura, un «Chapuzón Navideño» e a visita da Apalpadora na Guarda
      29 December, 2017

      Next post

      Horario semanal do transbordador A Guarda - Caminha do martes 2 ao domingo 7 de xaneiro
      29 December, 2017

      You may also like

      • A Guarda presenta un libro que recolles as postais da vila ata 1940
        13 June, 2025
      • O novo autor guardés Ángel Martínez presenta o seu segundo libro na Casa dos Alonso
        11 June, 2025
      • Víctor Rey expón na Guarda pinturas sobre paisaxes da nosa costa
        11 June, 2025

      Search

      Categories

      • General
      • Highways and works
      • Tourism
      • Uncategorized
      • Women

      Rebulindo

      • Móvete (Actividade física)
      • Lemos Xuntos?
      • Dalle ó Play
      • Coñece a vila!
      • A vida é xogo
      • Acion (Formación)
      Logo Concello de A Guarda

      (+34) 986 610 000

      (+34) 986 610 283

      alcaldia@aguarda.es

      MOBILE APP

      You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

      A Guarda IOS application
      A Guarda Android application

      Council

      • Write to the Mayor
      • Schedules of Interest
      • Sede Electrónica

      Información

      • Associations and Groups
      • Phones of interest
      • Emergency Pharmacy

      Recommended

      • Events
      • News

      © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

      • Legal notice
      • Cookies policy
      • Privacy Policy