(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Cultura

    • Home
    • Cultura
    • O ano despídese con cultura, un «Chapuzón Navideño» e a visita da Apalpadora na Guarda

    O ano despídese con cultura, un «Chapuzón Navideño» e a visita da Apalpadora na Guarda

    • Posted by prensa
    • Categories Cultura, Xuventude
    • Date 27 December, 2017

    A programación cultural de cara a fin de semana comezará mañá con música e cinema familiar, dando paso uns últimos días do ano cheos de plans para todos os públicos, con teatro, xogos acuáticos e a visita da Apalpadora.

    Mañá, 28 de decembro, continuará «Música na rúa» coa actuación de A Boalleira a partir das 11:00 horas. O grupo de gaitas percorrerá a vila amenizando a mañá aos guardeses e guardesas e introducíndonos no ambiente festivo propias destas datas. Paralelamente, todas aquelas persoas que se acheguen á Praza de Abastos poderán gozar dun chocolate quente de balde.

    Xa pola tarde, os máis pequenos da casa e as súas familias terán unha cita co mellor cinema de animación no Centro Cultural. A programación do ciclo «Cinema de Nadal» comeza mañá ás 17:30 coa proxección de «Vaiana», unha divertida película que narra a historia dunha rapaza que desexa navegar polo océano e coñecer mundo. A entrada será gratuíta e libre ata completar as prazas dispoñibles.

    O venres, 29 de decembro, o Centro Cultural acollerá a obra de teatro «Cranios privilexiados… ou crítica da razón perralleira» , dirixida ao público adulto. O público poderá asistir, a partir das 21:00 horas, ao novo espectáculo cómico do dúo Mofa e Befa, no que a filosofía será a gran protagonista. A entrada será de balde e o tícket poderá recollerse no Centro Cultural ou o departamento de Cultura do Concello da Guarda.

    Xa o sábado, pequenos e maiores poderán achegarse á Piscina Municipal para despedir o ano na auga. O «Chapuzón Navideño» comezará ás 11:00 horas e contará cun gran inchable acuático no interior da piscina. Esta actividade é de balde e non precisa de inscrición previa.

    A música polas rúas guardesas continuará tamén o sábado coa Charanga Cantos Somos a partir das 11:00 da mañá percorrendo distintos puntos da vila. Xa pola tarde, a Apalpadora achegarase á Guarda para falar coas nenas e nenos e entregarlles landras para plantar nos nosos montes. A cita será ás 19:00 horas na Casa dos Alonso.

      Tag:Apalpadora, Centro Cultural, Chapuzón Navideño, Cinema de Nadal, Música na rúa, Vaiana

      • Share:
      prensa

      Previous post

      O alcalde e a concelleira de Servizos Sociais entregan novos xoguetes na Escola Infantil
      27 December, 2017

      Next post

      A Guarda celebrou o ano do centenario do MASAT cunha ampla programación cultural
      29 December, 2017

      You may also like

      • A Guarda presenta un libro que recolles as postais da vila ata 1940
        13 June, 2025
      • A Guarda aumenta a seguridade no skate park da Atalaia
        13 June, 2025
      • A Festa Miudiña reúne a todo o alumnado guardés para despedir o curso
        12 June, 2025

      Search

      Categories

      • General
      • Highways and works
      • Tourism
      • Uncategorized
      • Women

      Rebulindo

      • Móvete (Actividade física)
      • Lemos Xuntos?
      • Dalle ó Play
      • Coñece a vila!
      • A vida é xogo
      • Acion (Formación)
      Logo Concello de A Guarda

      (+34) 986 610 000

      (+34) 986 610 283

      alcaldia@aguarda.es

      MOBILE APP

      You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

      A Guarda IOS application
      A Guarda Android application

      Council

      • Write to the Mayor
      • Schedules of Interest
      • Sede Electrónica

      Información

      • Associations and Groups
      • Phones of interest
      • Emergency Pharmacy

      Recommended

      • Events
      • News

      © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

      • Legal notice
      • Cookies policy
      • Privacy Policy