(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Cultura

    • Home
    • Cultura
    • A Guarda conmemorou o Día contra as Violencias Machistas con teatro, cinema e música

    A Guarda conmemorou o Día contra as Violencias Machistas con teatro, cinema e música

    • Posted by prensa
    • Categories Cultura, Muller
    • Date 27 November, 2017

    A Concellería de Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello da Guarda promoveron dende o pasado xoves unha serie de actividades culturais con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, que se conmemorou o pasado 25 de novembro. Teatro, cinema e unha actuación musical completaron a oferta cultural na vila guardesa, á que se uniron centenares de persoas.

    A programación deu comezo o pasado xoves, 23 de novembro, coa proxección de «Lurna» no Centro Cultural. A curtometraxe, dirixida polo guardés Nani Matos, mostrou aos máis de medio centear de persoas asistentes a historia, baseada nun caso real, dunha muller senegalesa que abandona o seu país na procura dunha vida mellor. Lurna, protagonista da trama, termina sendo vítima da explotación sexual.

    O director do filme e o Subinspector da Policía Nacional na sección de estranxeiría, Suso Conde, iniciaron deseguido un coloquio sobre a explotación sexual feminina como máxima expresión da Violencia de Xénero. Propiciouse, así, un debate moi participativo no que o público mostrou gran interese tanto polos aspectos máis cinematográficos relacionados coa rodaxe como pola problemática da trata de seres humanos na actualidade. O Subinspector aportou ao respecto a súa experiencia na intervención en casos de explotación sexual e achegou a esta curtametraxe a súa visión dende o ámbito legal e policial.

      Xa na mañá do sábado, 25 de novembro, tivo lugar na Casa dos Alonso un acto institucional conmemorativo no que a concelleira de Cultura, Educación e Xuventude, Elena Baz; a concelleira de Servizos Sociais, Sanidade e Igualdade, Teresa Vicente; a concelleira de Turismo, Facenda e Desenvolvemento Económico, Montserrat Magallanes; e o alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba, procederon á colocación dunha pancarta na que se pode ler a mensaxe «Contra todas as Violencias Machistas».

        Deseguido, o rexedor local dirixiuse aos asistentes para «manifestar a máis absoluta e enérxica condena ante as situacións de violencia que, aínda que pareza inconcibible, continúan a producirse». Nesta liña, subliñou Lomba,  «non podemos caer no perigo dede normalizar os asasinatos por Violencia de Xénero, xa que estamos a ser testemuñas de como estas novas se convirten nunha máis nos telexornais e diarios, e as cifras son realmente arrepiantes». Así, referiu o alcalde, 45 mulleres foron asasinadas no que vai de ano, e 3 máis atópanse en proceso de investigación. Amais, 28 menores quedaron orfos a causa dos asasinatos machistas.

        Estes datos, engadiu o alcalde, «teñen que facernos reflexionar sobre o que está acontecendo, por iso é tan importante levar a cabo iniciativas tendentes a mellorar a prevencións a través do incremento de medidas de sensibilización e educación». Nesta liña, «dende o Concello da Guarda asumimos o noso compromiso nesta loita contra calquera acto que atente conta a integridade e a dignididade das mulleres, apoiando as vítimas e transmitindo ás xeracións futuras o respeto, a igualdade entre mulleres e homes, e a defensa dunha sociedade xusta e igualitaria na que podamos participar libre e equlibradamente en todos os ámbitos e tomar conxuntamente as decisións que nos afectan», concluíu Antonio Lomba.

        O grupo Cintaadhesiva pechou o acto cunha actuación poético-musical na que os versos, os sons e as imaxes se mesturaron ofrendo unha experiencia musical totalmente orixinal, e orientada á lembranza das vítimas da violencia machista e a defensa da igualdade entre mulleres, homes, nenas e nenos.

        O broche de ouro da programación cultural conmemorativa do 25N viu da man da representación teatral «Nacidas libres». O Centro Cultural encheuse para visualizar a obra, na que se relata a historia de catro actrices que deciden emprender e montar uha peza inspirándose nunha noticia aparecida nos xornais sobre tres monxas indias retidas nun convento de Santiago de Compostela contra a súa vontade. A partir desta trama, o espectáculo ofreceu ao público múltiples reflexións sobre a liberdade, a desigualdade e os condicionantes culturais, todo elo dende a perspectiva de xénero e sen perder o humor.

          Tag:25N, Cinema, Cintaadhesiva, Explotación Sexual, Lurna, Música, Nacidas Libres, Teatro, Violencia de Xénero, Violencias Machistas

          • Share:
          prensa

          Previous post

          Horario do ferri A Guarda-Caminha do 28 de novembro ao 3 de decembro
          27 November, 2017

          Next post

          O Monte Santa Trega acolleu a cuarta edición do Trail do Trega con preto de 300 participantes
          27 November, 2017

          You may also like

          • O desfile escolar de Entroido ten nova data: 20 de febreiro
            13 February, 2026
          • Adiado o desfile escolar de Entroido pola previsión meteorolóxica
            9 February, 2026
          • Abertas as inscricións da V edición do obradoiro ‘Con voz propia’
            6 February, 2026

          Search

          Categories

          • General
          • Highways and works
          • Tourism
          • Uncategorized
          • Women

          Rebulindo

          • Móvete (Actividade física)
          • Lemos Xuntos?
          • Dalle ó Play
          • Coñece a vila!
          • A vida é xogo
          • Acion (Formación)
          Logo Concello de A Guarda

          (+34) 986 610 000

          (+34) 986 610 283

          alcaldia@aguarda.es

          MOBILE APP

          You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

          A Guarda IOS application
          A Guarda Android application

          Council

          • Write to the Mayor
          • Schedules of Interest
          • Sede Electrónica
          • Whistleblowing channel

          Información

          • Associations and Groups
          • Phones of interest
          • Emergency Pharmacy

          Recommended

          • Events
          • News

          © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

          • Legal notice
          • Política de cookies
          • Privacy Policy