(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Deporte

    • Home
    • Deporte
    • O Monte Santa Trega acolleu a cuarta edición do Trail do Trega con preto de 300 participantes

    O Monte Santa Trega acolleu a cuarta edición do Trail do Trega con preto de 300 participantes

    • Posted by prensa
    • Categories Deporte
    • Date 27 November, 2017

    A Guarda acolleu o pasado domingo, 26 de novebro, a cuarta edición da proba deportiva Trail do Trega. Preto de 300 persoas participaron na carreira pedestre e a andaina, que transcorreron polo Monte Santa Trega e a súa contorna.

    Namentres as preto de 70 persoas participantes na andaina comezaron o seu percorrido ás 9:15 horas, a carreira cronometrada comezou puntualmente ás 10:00 horas, partindo da explanada do Centro Cultural.

    O oiense Antonio Liébanas conseguiu percorrer os 18,5 km da proba, con preto de 1.100 metros de desnivel acumulado, en pouco menos de 1h52’14’’, proclamándose como campión absoluto entre os máis de 220 participantes. Poucos segundos despois, acadou a meta o vigués Alberto Iglesias (1h52’32’’) e, trancurridos 1h54’09’’ do inicio, fíxoo o redondelado José Luis Dorado.

      Na categoría feminina, conseguiron os mellores tempos a tudense María Jesús Fernández (2h32’55’’), e as viguesas Elena Pérez e Isabel González, que cruzaron a liña de meta nesta orde e con poucos segundos de diferenza (2h36’35’’ e 2h36’54’’, respectivamente).

      Tamén obtiveron recoñecemento os tres guardeses co mellor resultado. Así, Josué Moreno (2h05’34’’), Antolín Martínez (2h10’44’’) e Javier González (2h13’27’’) recibiron un trofeo da man da concelleira de Sanidade e Servizos Sociais, Teresa Vicente, e o concelleiro de Deportes e Patrimonio, Javier Crespo. María Dolores González, pola súa parte, foi a única guardesa participante (3h04’33’’).

      Na categoría Sénior masculina (participantes de entre 18 e 34 anos) acadaron os mellores tempos David Alonso (1h55’02’’), o oiense Iván Pimentel (1h56’42’’) e Ángel Álvarez (2h02’42’’). Na feminina, pola súa parte, obtiveron recoñecemento Natalia Sierpes (2h40’28’’), Patricia Pereira (3h23’20’’) e Nerea González (4h02’12’’).

      Na categoría Veteranas A (participantes de entre 35 e 44 anos), os mellores tempos foron os conseguidos por Elena Pérez,  Isabel González e  a viguesa Susana Álvarez (2h49’06’’), namentres na categoría masculina estes coincidiron íntegramente cos gañadores absolutos da carreira.

      Na categoría Veteranos B (a partir de 45 anos), os mellores resultados foron os obtivos polo vigués Miguel Dorado (1h56’58’’), o redondelano Gonzalo Rodríguez (1h58’54’’) e Fran Blanco (2h02’17’’) de Boiro, respectivamente. Na categoría feminina, pola súa parte, estas foron María Jesús Fernández, Isabel Cunha (2h38’25’’) procedente de Vilanova de Cerveira, e a porriñesa Irene Sobreira (2h56’03’’).

        A clasificación xeral pode consultarse aquí. Por sexos, achéganse a clasificación xeral masculina e a clasificación xeral feminina.

        O evento deportivo, que transcorreu sen incidencias, foi organizado por TimeAventure en colaboración co Concello da Guarda, a Deputación de Pontevedra e a Comunidade de Montes da Guarda.

        Tag:Andaina, Carrera, Monte Santa Trega, Trail do Trega

        • Share:
        prensa

        Previous post

        A Guarda conmemorou o Día contra as Violencias Machistas con teatro, cinema e música
        27 November, 2017

        Next post

        O Porto da Guarda estará en obras de mellora do pavimento rodado durante a fin de semana
        29 November, 2017

        You may also like

        • O alcalde da Guarda aposta polo ciclismo co fin do Gran Camiño na nosa vila
          11 February, 2026
        • O alcalde da Guarda aposta polo deporte co fin do Gran Camiño na nosa vila
          27 January, 2026
        • A Guarda abre o prazo para solicitar as subvencións deportivas, sociais e culturais
          17 December, 2025

        Search

        Categories

        • General
        • Highways and works
        • Tourism
        • Uncategorized
        • Women

        Rebulindo

        • Móvete (Actividade física)
        • Lemos Xuntos?
        • Dalle ó Play
        • Coñece a vila!
        • A vida é xogo
        • Acion (Formación)
        Logo Concello de A Guarda

        (+34) 986 610 000

        (+34) 986 610 283

        alcaldia@aguarda.es

        MOBILE APP

        You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

        A Guarda IOS application
        A Guarda Android application

        Council

        • Write to the Mayor
        • Schedules of Interest
        • Sede Electrónica
        • Whistleblowing channel

        Información

        • Associations and Groups
        • Phones of interest
        • Emergency Pharmacy

        Recommended

        • Events
        • News

        © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

        • Legal notice
        • Política de cookies
        • Privacy Policy