O Porto da Guarda estará en obras de mellora do pavimento rodado durante a fin de semana
O Concello da Guarda informa de que durante os próximos días acometeranse as obras de mellora do pavimento rodado no Porto da Guarda. Estas obras inclúen o fresado, asfaltado e pintado da sinalización horizontal nos espazos sinalados en cor amarela no plano adxunto, e levaranse a cabo entre este xoves e o luns da próxima semana.
As obras de mellora poderán producir incomodidades aos usuarios e usuarias da vía. Por esta razón, pregamos desculpen as molestias que estas poidan ocasionar.