Listado de admitidos e excluídos praza de guía turístico para o Padroado municipal Monte Santa Trega e recordatorio das datas das probas
RESOLUCIÓN DA PRESIDENCIA Nº 28 DE 16 DE XUÑO DE 2017
Aprobadas mediante Resolución da Presidencia 17/2017, de 20 de abril, as bases para a contratación laboral temporal de unha praza de guía turístico para o Padroado Monte Santa Trega, de conformidade coas bases aprobadas en exercicio das súas competencias e vista o acta do tribunal cualificador, RESOLVE:
PRIMEIRO: Lista de admitidos e excluídos:
ADMITIDOS
CARIDE PÉREZ, MARÍA AMANTE
EXCLUÍDOS
A lista é definitiva ao non existir excluídos.
NINGÚN
SEGUNDO: tal e como quedou reflexado na resolución n.º 27, a proba escrita eliminatoria fixada na base cuarta terá lugar o día 22 de xuño de 2017, ás 09:00 horas, no salón de Plenos do Concello da Guarda, debendo vir provista a aspirante do seu DNI, a defensa dun proxecto de visita guiada será a continuación da proba escrita eliminatoria, é dicir, o día 22 de xuño de 2017 e a proba de coñecemento de lingua galega será ao remate da defensa do proxecto, se é necesaria.
TERCEIRO.- Publicar a presente resolución na web e no taboleiro de Anuncios do Concello de A Guarda.
O Presidente do Padroado,
Antonio Lomba Baz