María Couso impartirá na Guarda unha charla sobre o impacto da tecnoloxía na infancia
O próximo xoves 30 de abril o Centro Cultural acolle a charla de María Couso “Cerebro e pantallas”
Trátase dunha charla sobre o impacto real da tecnoloxía na infancia e adolescencia, descubrindo como afecta á memoria e aprendizaxe, os riscos… Ademais, tamén se darán recomendacións prácticas para as familias, así como estratexias para un uso saudable e equilibrado.
A charla estará impartida pola especialista en neuroeducación, María Couso, e está dirixida a todas as familias, profesorado e persoas interesadas no desenvolvemento infantil.
A charla será o xoves 30 de abril no Centro Cultural ás 18:00h e contará con servizo de canguraxe de balde, organizado polas ANPAS dos centros escolares da Guarda e o Concello.



