Minuto de silencio en solidariedade con Gaza
O Concello da Guarda convoca un minuto de silencio para o luns 6 de outubro as 12:00h na Praza do Reló para condenar as masacres civís, así como o xenocidio e as accións do exército israelí contra os voluntarios, ao mesmo tempo que nos solidarizamos co sufrimento xeral do pobo de Gaza. Deste xeito, A Guarda súmase á iniciativa impulsada pola FEGAMP, a Federación Galega de Municipios e Provincias.
Con ela, pídese poñer fin ao bloqueo da axuda humanitaria, así como un cese do fogo ou o remate das accións contra os dereitos humanos.



