(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Cultura

    • Home
    • Cultura
    • A mostra “Viaxando pola historia, cen anos do MASAT” xa se pode visitar na Casa dos Alonso

    A mostra “Viaxando pola historia, cen anos do MASAT” xa se pode visitar na Casa dos Alonso

    • Posted by prensa
    • Categories Cultura, | Novas Destacadas
    • Date 28 July, 2017

    A exposición “Viaxando pola historia, cen anos do MASAT”, conmemorativa do centenario do Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega, abriu onte as súas portas cun acto de inauguración no que interviron o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, a concelleira de Turismo, Monserrat Magallanes, o deputado provincial de Turismo, Santos Hector e o arqueólogo comisario da exposición, Rafael Rodríguez.

    O MASAT como “Faro” de coñecemento da Idade de Ferro

    Este último foi o encargado de explicar os contidos e o sentido da mostra, na que se amosan parte dos fondos cos que conta o MASAT, máis aló dos xa amosados na súa exposición permanente. “Trátase de sacalos á luz e dalos a coñecer ao público en xeral; de que falemos todos, comezando polas pedras”, explicou o arqueólogo, facendo especial fincapé na importancia da labor realizada polas guardesas e guardeses que, durante anos, axudaron co seu traballo a configurar o primeiro museo arqueolóxico de Galicia. E é que o MASAT serviu de impulso para as investigacións acometidas posteriormente noutros xacementos do noroeste da comunidade, a partir das cales contamos con numerosos testemuños da Idade de Ferro e a cultura castrexa na nosa terra.

      Na última sala da mostra recóllense varias pezas procedentes doutros xacementos da provincia, con mostras senlleiras de cada un deles, “para que comprendamos que o Trega e o MASAT foron moi importantes, e continúan séndoo, para un período cronolóxico e cultural como é a Idade do Ferro e a cultura castrexa no noroeste”, recalcou Rodríguez.

      Neste mesmo sentido se pronunciou Santos Hector, ao referirse á especial importancia do MASAT, cuxos fondos contan con preto de 40.000 pezas. “Moitos dos que visitan a provincia veñen motivados pola nosa rica historia arqueolóxica e, neste aspecto, o que máis destaca pola súa envergadura é, sen dúbida, o Monte de Santa Trega”, aclarou o deputado provincial.

      A importancia do legado da Sociedade Pro-Monte

      O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, quixo destacar a necesidade de preservar e potenciar cara ao futuro o legado deixado polos membros da Sociedade Pro-Monte, creadores do hoxe coñecido como MASAT. Este é, segundo o rexedor, “un elemento imprescindible do noso Trega” que neste ano celebra o centenario do seu museo cunha serie de actividades, entre as que Lomba distinguiu esta mostra, coa pretensión de “homenaxear e dar a coñecer unha das nosas institucións máis salientables”.

      O rexedor municipal agradeceu dun xeito especial o apoio prestado pola Deputación de Pontevedra para a realización desta exposición, que conta co financiamento da institución provincial a través do Plan Concellos 2017, e para a que cedeu un equipo de profesionais encargado da parte técnica, entre os que se atopa Rafael Rodríguez, comisario da exposición e coordinador do catálogo.

      A nota musical da xornada viu da man do guardés Avelino Ferreira. Acompañado do seu oboe, foi o encargado de dar comezo á inauguración pasadas as 19 horas, coa interpretación da Cantata no. 156 de Bach. O mesmo músico puxo fin ó acto inaugural interpretando a peza do filme “La Misión”, de Ennio Morricone, para dar paso á apertura oficial da exposición ao público.

      A mostra “Viaxando pola historia, cen anos do MASAT” divídese en tres bloques temáticos, nos que se amosan a historia do museo, os obxectos das campañas arqueolóxicas levadas a cabo ata o 2016 e a función do Trega como “faro” de coñecemento da Idade de Ferro na nosa provincia. A exposición permanecerá aberta ó público ata o 27 de agosto, de martes a sábado cun horario de mañá de 12 a 14 horas e, xa pola tarde, de 19 a 22 horas. Os domingos e días festivos a mostra poderá visitarse en horario de mañá.

      Tag:Casa dos Alonso, Cen anos do MASAT, Centenario, Exposición, MASAT, Viaxando pola historia

      • Share:
      prensa

      Previous post

      “Noites no Castelo” e Pistactiva: éxitos da man da música galega e o espectáculo circense na nosa vila
      28 July, 2017

      Next post

      O pregón das campionas do Atlético Guardés deu comezo á XIV Festa do Peixe Espada no porto
      29 July, 2017

      You may also like

      • O grupo Terapia de Jueves expón as súas pinturas por primeira vez na Guarda
        11 July, 2025
      • A Guarda mellora o pintado das estradas en busca de maior seguridade
        11 July, 2025
      • Cultura no Camiño trae tres espectáculos diferentes á axenda guardesa deste verán
        10 July, 2025

      Search

      Categories

      • General
      • Highways and works
      • Tourism
      • Uncategorized
      • Women

      Rebulindo

      • Móvete (Actividade física)
      • Lemos Xuntos?
      • Dalle ó Play
      • Coñece a vila!
      • A vida é xogo
      • Acion (Formación)
      Logo Concello de A Guarda

      (+34) 986 610 000

      (+34) 986 610 283

      alcaldia@aguarda.es

      MOBILE APP

      You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

      A Guarda IOS application
      A Guarda Android application

      Council

      • Write to the Mayor
      • Schedules of Interest
      • Sede Electrónica

      Información

      • Associations and Groups
      • Phones of interest
      • Emergency Pharmacy

      Recommended

      • Events
      • News

      © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

      • Legal notice
      • Cookies policy
      • Privacy Policy