(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Cultura

    • Home
    • Cultura
    • O Museo do Pobo Galego acolle a exposición do pioneiro fotógrafo guardés «Costiña»

    O Museo do Pobo Galego acolle a exposición do pioneiro fotógrafo guardés «Costiña»

    • Posted by prensa
    • Categories Cultura
    • Date 20 April, 2018
    «Camiños da imaxe. Arquivo de Joaquín García Portela ‘Costiña’» no Museo do Pobo Galego
    A mostra «Camiños da imaxe. Arquivo de Joaquín García Portela ‘Costiña’» inaugurouse onte en Santiago de Compostela e estará aberta ao público ata o vindeiro 10 de xuño.

    O Museo do Pobo Galego, en colaboración co Proxecto Socheo e o Concello da Guarda, inaugurou na tarde de onte a exposición «Os camiños da imaxe. Arquivo de Joaquín García Portela ‘Costiña’», na que se expoñen as fotografías e os filmes deste pioneiro fotógrafo e cineasta guardés.

    Ao acto de apertura asistiron o alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba; a concelleira de Cultura, María Elena Baz; as netas de «Costiña», Celia e Joaquina Martínez García, e o presidente do museo, Justo Beramendi, amais doutro medio centenar de persoas vinculadas á cultura galega e ó museo.

    O Proxecto Socheo para a recuperación da memoria visual da Guarda e o Baixo Miño foi o encargado do traballo de investigación e recuperación dos arquivos, datados dos anos 20 e cedidos pola familia do autor. Co apoio do Concello da Guarda, estes materiais mostráronse primeiramente nesta vila (2016), nunha exposición da que agora podemos gozar en Santiago de Compostela.

      Nesta liña, o rexedor local quixo destacar a importancia dos labores de recuperación e difusión do traballo deste pioneiro guardés, «cun gran valor etnográfico e sentimental para A Guarda» por retratar escenas da vida cotiá dunha época, ata fai pouco inéditas.

      A mostra, enmarcada nas actividades paralelas á Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE) do Museo do Pobo Galego, estará aberta ao público ata o 10 de xuño, con entrada de balde.

      Sobre a obra de «Costiña»

      Joaquín García Portela naceu na Guarda en 1894. Emigrou a Bos Aires (Arxentina), onde afondou na súa formación como fotógrafo, retornando á vila xunto coa súa familia nos anos 20. Aquí abriu o seu estudo de fotografía, exercendo ata a súa morte en 1957.

      O seu interese pola técnica levouno a sacarse a licenza de técnico de radios e a mercar un proxector e unha cámara Pathé de 9,5 mm, coa que realizou numerosos filmes de tipo familiar e costumista. «Costiña» foi, así, o precursor do cinema na Guarda. O seu arquivo contén os primeiros filmes feitos sobre A Guarda e por un guardés que se conservan na actualidade, realizados entre os anos 1926 e 1929; mais tamén exerceu como fotógrafo, dándolle unha natureza polifacética e orixinal ás súas imaxes.

      Tag:A Guarda, Camiños da imaxe, cine, Costiña, Fotografía, Museo do Pobo Galego

      • Share:
      prensa

      Previous post

      A lectura e a música converxen na Guarda durante unha fin de semana cultural
      20 April, 2018

      Next post

      Horario semanal do transbordador A Guarda – Caminha do martes 24 ao domingo 29 de abril
      23 April, 2018

      You may also like

      • A película “Rondallas” logra unha ovación de catro minutos na súa premiere
        12 December, 2025
      • O profesor Alberto Viso presenta o seu libro “La ceguera de Dios” na Casa dos Alonso
        10 December, 2025
      • O grupo San Roquiño proxecta a película ‘A herdanza’ para recoller alimentos
        9 December, 2025

      Search

      Categories

      • General
      • Highways and works
      • Tourism
      • Uncategorized
      • Women

      Rebulindo

      • Móvete (Actividade física)
      • Lemos Xuntos?
      • Dalle ó Play
      • Coñece a vila!
      • A vida é xogo
      • Acion (Formación)
      Logo Concello de A Guarda

      (+34) 986 610 000

      (+34) 986 610 283

      alcaldia@aguarda.es

      MOBILE APP

      You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

      A Guarda IOS application
      A Guarda Android application

      Council

      • Write to the Mayor
      • Schedules of Interest
      • Sede Electrónica

      Información

      • Associations and Groups
      • Phones of interest
      • Emergency Pharmacy

      Recommended

      • Events
      • News

      © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

      • Legal notice
      • Política de cookies
      • Privacy Policy