(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Cultura

    • Home
    • Cultura
    • A lectura e a música converxen na Guarda durante unha fin de semana cultural

    A lectura e a música converxen na Guarda durante unha fin de semana cultural

    • Posted by prensa
    • Categories Cultura
    • Date 19 April, 2018
    Programación cultural do 20 ao 23 de abril
    A vila encherase de actividades culturais e lúdicas para toda a familia dende mañá mesmo e ata o luns, Día Internacional do Libro.

    A Guarda vivirá dende mañá e ata o vindeiro luns uns días de intensa programación cultural, coa celebración das actividades conmemorativas do Día Internacional do Libro e numerosas exposicións en diferentes puntos da vila. A programación comezará o venres coa entrega dos agasallos a todos e todas as participantes do Certame de Microrrelatos 2018. A partir das 18:00 horas, todos os traballos presentados dentro do concurso serán expostos no Centro Cultural, para que podan ser lidos e gozados por toda a veciñanza.

    O sábado, a música e a lectura converxerán, primeiro, coa nova sesión de «Contos contados» na Biblioteca Pública Municipal (11:30 h). Alí, as cativas, cativos e as súas familias poderán participar na lectura da obra «Contos por teléfono» de Gianni Rodari, que contará co acompañamento do saxofonista Néstor Lomba. Deseguido, os petís poderán elaborar un libro-guía de lectura no obradoiro de manualidades.

    Xa pola tarde, o salón de actos do Centro Cultural acollerá o espectáculo musical «Vai ser boa!» do grupo Migallas Teatro. A función, baseada no popular disco-libro infantil «Pan de millo», comezará ás 18:00 horas. As prazas son limitadas, polo que as persoas que desexen asistir deberán recoller as súas entradas previamente no Centro Cultural.

    Polo Día Internacional do Libro, que se conmemora o 23 de abril, a Biblioteca estrará a «bebeteca», unha nova sección de lectura dirixida aos cativos e cativas de 0 a 4 anos; e, para o resto de lectores, promoverase a iniciativa «Un libro, unha idea». Participar será tan sinxelo como compartir no mural da Biblioteca unha idea persoal sobre a lectura, a cambio da cal recibirán un libro de agasallo.

    O horario de apertura da Biblioteca Pública Municipal é de 17:00 a 20:00 horas de luns a venres e de 10:00 a 13:00 horas os sábados.

    Exposicións de escultura e fotografía

    Ademais da oferta de ocio ligada á celebración do Día Internacional do Libro, na Guarda teremos ocasión de gozar da arte escultórica e da fotografía. Nesta liña, a mostra «Nado en pedra», da Escola de Cantería de Pontevedra, poderá visitarse no Castelo de Santa Cruz ata o vindeiro 2 de maio (de 10:00 e as 20:00 horas de luns a domingo), namentres a mostra fotográfica «Falan de min, falan de ti», do fotógrafo Aberto Pereiro Lueiro «Holly», permanecerá no Centro Cultural ata o 24 de abril. As imaxes poderán contemplarse en horario de mañá (10:00 a 13:00 h) e tarde (17:00 a 20:00 h) de luns a venres, e os sábados en horario de mañá.

    Amais destas, o Concello da Guarda ven de recibir a exposición fotográfica «No colo da esperanza», cedida polo fotoxornalista Felipe Carnotto ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. As imaxes, que retratan a situación de milleiros de persoas que fixen da guerra en Siria, poderán contemplarse na Casa do Concello entre as 8:00 e as 15:00 horas de luns a venres.

    Tag:A Guarda, arte, Bibioteca Municipal, cultura, Día Do Libro, Escultura, Exposicións, Fotografía, Lectura, Migallas Teatro, Música, Vai ser boa!

    • Share:
    prensa

    Previous post

    A Biblioteca Municipal celebra o Día do Libro con actividades para todos os públicos
    19 April, 2018

    Next post

    O Museo do Pobo Galego acolle a exposición do pioneiro fotógrafo guardés «Costiña»
    20 April, 2018

    You may also like

    • O grupo Terapia de Jueves expón as súas pinturas por primeira vez na Guarda
      11 July, 2025
    • Cultura no Camiño trae tres espectáculos diferentes á axenda guardesa deste verán
      10 July, 2025
    • A aposta por recuperar a cultura mariñeira da Guarda consolídase coa II A Rosegha
      8 July, 2025

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Cookies policy
    • Privacy Policy