No mes de maio xa se poderá facer o pasaporte na Guarda
A partir do martes 29 de abril pódese pedir cita para a renovación na Guarda do Documento Nacional Identidade (DNI) e do pasaporte.
Este mes de maio chega por primeira vez o servizo do Vehículo Integral de Documentación (VIDOC) da Policía Nacional. Con estes vehículos só se precisa acudir un día para facer o trámite, facilitando o mesmo para a cidadanía. Ademais, este servizo manterase tamén durante os meses de verán de xullo e agosto.
A Guarda contará cun novo servizo, a expedición do pasaporte, evitando traslados a outras localidades para estes trámites, e sendo de xeito inmediato. A VIDOC instalarase na Praza do Reló, o mércores 7 e o venres 23 de maio. Atenderase de 9:30 a 12:30h, só con cita previa.
O martes 29 de abril pódese pedir cita de forma presencial no mostrador de información da planta baixa do Concello ou chamando ao 986 61 00 00.