Novos 10 postos de traballo no Concello da Guarda co Plan +Provincia
O Concello da Guarda creará 10 novos postos de traballo para persoas desempregadas co Plan +Provincia, a través da liña 3 de activación do emprego 2025.
Serán 9 postos de peóns limpadores a xornada completa durante 8 meses, e un posto para ordenanza tamén a xornada completa durante 7 meses.
Os beneficiarios deben estar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados nos códigos CNO correspondentes para peón (94431016) e para ordenanza (94311020).
Para o posto de peón non existe ningún requerimento académico, mentres que para peón se esixe o título da ESO ou equivalente.