O alcalde da Guarda mostra o seu apoio ao sector do taxi ante o aumento das súas pólizas
O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, transmite o seu apoio ao sector do taxi, que está a sufrir unha suba desorbitada das súas pólizas de seguro.
O manifesto é resultado de escoitas as demandas e preocupación dos taxistas da Guarda. Ademais, é unha invitación a que o resto de alcaldes e alcaldesas mostren tamén o seu apoio ao sector e taxistas dos seus concellos.
No escrito reclámase a supervisión destas pólizas por parte da Dirección Xeral de Seguros, así como máis transparencia ás compañías aseguradoras ante a suba de primas, entre outras reclamacións.
Finalmente, este escrito será elevado á Dirección Xeral do Seguro e Fondo de Pensións, dependente da Secretaría de Estado de Economía e Apoio á Empresa, adscrita ao Ministerio de Economía, Comercio e Empresa.
MANIFIESTO DEL ALCALDE DE A GUARDA CON EL SECTOR DEL TAXI Y TAXISTAS DE A GUARDA