(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • English
  • Galician
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Cultura

    • Home
    • Cultura
    • O CEIP M.R. Sinde recibiu a 15 mestres europeos participantes nun proxecto Erasmus+

    O CEIP M.R. Sinde recibiu a 15 mestres europeos participantes nun proxecto Erasmus+

    • Posted by prensa
    • Categories Cultura, Educación
    • Date 29 May, 2018
    • Comments 0 comment
    O centro guardés participa no plan europeo de cooperación escolar xunto con colexios de 6 países europeos | Os docentes foron recibidos na casa do concello o pasado venres, poñendo fin á súa experiencia na vila.

    O Centro de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Manuel Rodríguez Sinde recibiu a pasada semana a 15 docentes de distintos países europeos participantes no proxecto Erasmus+ «Terra Vita», orientado ao intercambio de experiencias e boas prácticas no eido educativo e medioambiental.

    As mestras -procedentes de centros de ensino infantil, primario e educación especial de Bulgaria, Croacia, Eslovenia, Grecia, Polonia e Romanía- permaneceron na Guarda entre os días 23 e 25 de maio co fin de traballar conxuntamente na elaboración do calendario de actividades do proxecto para o próximo curso.

    Á súa chegada, os docentes foron recibidos polo alumnado xa nos corredores do centro de ensino guardés. As cativas e os cativos tamén se encargaron de familiarizar aos seus convidados coa cultura e a idiosincrasia galega e propiamente guardesa, ofrecendo un festival musical no que amosaron dende os instrumentos e cancións tradicionais ata o traxe popular de Galicia.

    Durante as tres xornadas, os profesores tiveron tempo de visitar o Monte Santa Trega, achegarse ao centro San Xerome Emiliani e coñecer as instalacións da adega Terras Gauda, ademais de traballar na organización do proxecto «Terra Vita» conxuntamente cos docentes do centro anfitrión.

      Como colofón a esta experiencia na Guarda, os visitantes foron recibidos no salón de plenos do Concello polo alcalde, Antonio Lomba, e a concelleira de Educación, María Elena Baz. Os representantes municipais agradeceron aos asistentes a súa labor en prol do desenvolvemento educativo e explicaron os proxectos de colaboración que dende o Concello se veñen impulsando cos distintos centros da vila. Pola súa parte, cada un dos mestres convidados achegou un anaco da cultura e a tradición dos seus respectivos países natais. Ao remate do acto de recepción, os representantes municipais e os docentes fixeron un intercambio de agasallos.

      Proxecto «Terra Vita»

      O proxecto «Terra Vita» foi aprobado en 2017 no marco do Programa Europeo de Educación, Formación, Xuventude e Deporte Erasmus+. Pertence ao dentro grupo KA201, que consiste en asociacións estratéxicas escolares nas que poden colaborar outras organizacións relacionadas co ámbito educativo tales como autoridades locais, universidades, centros de investigación, bibliotecas e museos.

      O proxecto desenvolverase durante 2 anos, finalizando en setembro de 2019, co obxectivo principal de promover a cooperación e intercambio de boas prácticas entre as distintas organizacións participantes.

      Tag:Erasmus +, Europa, Manuel Rodríguez Sinde

      • Share:
      prensa

      Previous post

      Preto de 300 cativos gozan de «Los Pitufos» nas sesións de cinema escolar
      29 May, 2018

      Next post

      Aberto o prazo para participar no XXI Certame fotográfico «Viaxando»
      30 May, 2018

      You may also like

      • Xa están dispoñibles as bases para o Desfile de Entroido 2023 da Guarda
        Xa están dispoñibles as bases para o Desfile de Entroido 2023 da Guarda
        1 February, 2023
      • A Mostra “Do Lérez Ao Tambre” Chega á Guarda Man De Nadia Otero
        A mostra “Do Lérez ao Tambre” chega á Guarda man de Nadia Otero
        19 January, 2023
      • Máis dun milleiro de nenas e nenos participaron na Guarda na recepción dos Reis Magos
        6 January, 2023

      Leave A Reply Cancel reply

      Your email address will not be published. Required fields are marked *

      Search

      Categories

      • General
      • Highways and works
      • Tourism
      • Uncategorized
      • Women
      Logo Concello de A Guarda

      (+34) 986 610 000

      (+34) 986 610 283

      alcaldia@aguarda.es

      MOBILE APP

      You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

      A Guarda IOS application
      A Guarda Android application

      Council

      • Write to the Mayor
      • Schedules of Interest
      • Sede Electrónica

      Información

      • Associations and Groups
      • Phones of interest
      • Emergency Pharmacy

      Recommended

      • Events
      • News

      © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

      • Legal notice
      • Cookies policy
      • Privacy Policy