O Concello convida aos centros educativos a celebrar o Día Universal dos Dereitos na Infancia
Co lema “Os nenos e nenas tamén temos dereitos” o Concello da Guarda convida a todos os centros escolares do municipio a conmemorar o “Día Universal dos Dereitos na Infancia”, que se celebra o venres 20 de novembro.
Nesta campaña de sensibilización o Concello busca que os máis cativos se impliquen e que sexan eles os que reivindiquen os seus dereitos. Así, a proposta da Concellería de Educación é que en cada un dos centros educativos da Guarda os alumnos e as alumnas de dous cursos diferentes creen un mural referente ao tema.
Todas estas creacións serán expostas o propio Día Universal dos Dereitos na Infancia en diferentes espazos da localidade.
A finalidade desta campaña é concienciar a cidadanía sobre a importancia dos dereitos na infancia facendo que eles mesmos sexan os principais protagonistas.