O Concello da Guarda adhírese un ano máis ás reivindicacións da Hora do Planeta
Dende o ano 2007 a organización WWF ven impulsando a campaña da Hora do Planeta como un gran evento a nivel mundial que busca concienciar sobre a situación do medio ambiente e facer unha chamada á acción na loita contra o cambio climático.
A Hora do Planeta celebrarase este sábado 25 de marzo de 20’30 a 21’30 horas e un ano máis o Concello da Guarda amosa o seu apoio nesta defensa do medio ambiente e súmase ás reivindicacións desta campaña co apagado simbólico das luces da Praza do Reló.
Dende o Concello convídase a todos os veciños e veciñas a apoiar esta iniciativa e achegarse durante esa hora á Praza do Reló para axudar a visibilizar unha problemática que afecta a todos os cidadáns e cidadás e ao futuro conxunto do noso planeta.