
O Concello da Guarda informa do levantamento da prohibición temporal do baño nas praias da Armona e O Muíño
O Concello da Guarda informa de que queda levantada a prohibición temporal do baño nas praias da Armona e O Muíño, tras recibir a comunicación oficial da Consellería de Sanidade.
Segundo os resultados dos últimos controis microbiolóxicos realizados nas augas das zonas de baño de Galicia, a calidade da auga volve situarse dentro dos parámetros establecidos pola normativa vixente, sendo cualificada como favorable e apta para o baño.
Deste xeito, dende hoxe, 6 de agosto, queda restablecido o baño con total normalidade nas praias da Armona e O Muíño.


