O Concello recibe unha subvención da Deputación para a instalación de auga quente no pavillón da Sangriña
O Concello da Guarda, dentro da convocatoria de subvencións a entidades locais da provincia de Pontevedra con poboación inferior a 20.000 habitantes para a adquisición de desfibriladores e equipamentos de instalacións deportivas, solicitou á Deputación de Pontevedra unha axuda para a mellora da instalación de auga quente no polideportivo municipal da Sangriña.
Dita solicitude foi aprobada, polo que o Concello recibirá un total de 3.691,95 euros por parte da Deputación para levar a cabo esta obra que ten un orzamento total de 4.447 euros. Desta maneira o propio consistorio guardés deberá abonar 855,05 euros para dita obra.