
O concerto “O Camiño do Amor” deste domingo queda adiado polas condicións meteorolóxicas adversas previstas
O Concello da Guarda informa do adiamento da actuación da ópera rock “O Camiño do Amor”, prevista para este domingo, 23 de agosto, ás 21:00 horas na Alameda da Guarda, debido ás condicións meteorolóxicas adversas previstas para esa xornada.
A decisión foi adoptada co obxectivo de garantir o correcto desenvolvemento do espectáculo e, especialmente, a seguridade tanto do público como das persoas participantes e do equipo técnico.
Dende o Concello da Guarda comunicaremos proximamente a nova data de celebración do espectáculo.
Lamentamos as molestias que este adiamento poida ocasionar e agradecemos a comprensión da veciñanza e de todas as persoas que tiñan previsto asistir a esta proposta cultural.


