
O VIDOC volve á Guarda en setembro para a renovacióndo DNI e Pasaporte
O VIDOC da Policía Nacional volve no mes de setembro para a expedición e renovación do pasaporte e do Documento Nacional Identidade (DNI).
Poderase pedir cita para a renovación ou expedición do DNI ou pasaporte a partir do vindeiro mércores, 2 de setembro, de forma presencial no mostrador de información da planta baixa do Concello ou chamando ao 986 61 00 00 a partir das 9:00 horas.
O Vehículo Integral de Documentación (VIDOC) instalarase na Praza do Reló, os mércores 9 e 30 de setembro. Atenderase de 9:10 a 12:30 horas, só con cita previa.
Recordamos que só é preciso acudir a unha cita para a realización de todo o trámite e se debe acudir á cita cunha fotografía, co DNI, coas taxas correspondentes do servizo e a documentación necesaria en cada caso.
As familias numerosas dispoñen do servizo gratuíto. No resto dos casos, o pasaporte sempre ten unha taxa de 30€ e o DNI de 12€, agás que sexa por cambio de domicilio e aínda estea en vigor.


