(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Desenvolvemento local

    • Home
    • Desenvolvemento local
    • O Xeodestino presenta a súa renovada marca na Guarda para impulsar un turismo máis competitivo

    O Xeodestino presenta a súa renovada marca na Guarda para impulsar un turismo máis competitivo

    • Posted by prensa
    • Categories Desenvolvemento local, Turismo, | Novas Destacadas
    • Date 27 September, 2024

    Onte, a nave das Redeiras da Atalaia, acolleu o acto de presentación da nova marca do Xeodestino. Alcaldesas, alcaldes e edís dos 14 concellos do Xeodestino participaron nun evento de networking de lanzamento da marca con diferentes axentes do territorio.

    Unha nova marca cunha imaxe fresca, auténtica, orgánica e amable que agora baixo o nome de Galicia Suroeste busca atraer a viaxeiras e viaxeiros a través de experiencias únicas que combinen natureza, patrimonio, enogastronomía e calidade nos 14 paraísos naturais do territorio. Construír unha nova forma de viaxar, activa e actualizada, na que o Xeodestino sexa o gran protagonista.

    Un traballo conxunto que destacou o alcalde A Guarda, Roberto Álvarez Carrero, que sinalou que “xerar sinerxías entre os concellos, compartir experiencias e dinámicas e traballo sempre é positivo. Levamos moitos anos traballando nesta aposta expresa polo turismo de proximidade para converter o Xeodestino nun destino de referencia para Galicia e para España”.

    O acto tamén contou coa participación do Subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada; co Xefe Provincial en Pontevedra da Axencia de Turismo de Galicia, Felipe Ferrero; e coa deputada de Turismo Nava Castro.

    Durante a xornada, as diferentes empresas locais cun papel fundamental na creación de produto turístico interesante para ofertar no Xeodestino tiveron a oportunidade de participar en dinámicas de networking, fomentando sinerxías e colaboracións que garantan a excelencia nas experiencias ofrecidas.

    O evento converteuse na primeira actividade 100% sostible da entidade. Un compromiso firme para levar a cabo prácticas sostibles ambiental, social e economicamente que reflicten o futuro cara ao que camiña o Xeodestino Galicia Suroeste.

    Durante o encontro, os integrantes de Papelier, Ramón e Noelia, desvelaron os detalles dunha caixa de agasallo realizada integramente de forma artesanal que se lle entregou a todas e todos os participantes.

    Con esta nova marca, o Xeodestino Galicia Suroeste está preparado para ser un referente no turismo sostible, ofrecendo experiencias que combinan a esencia de Galicia coa excelencia en servizos e a beleza natural e patrimonial do territorio.

    O Xeodestino encádrase no Plan de Sostibilidade Turística en Destino (PSTD) ‘A Despensa de Galicia’, un programa do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo financiado con fondos europeos NextGenerationEU co que promover intervencións integrais para crear destinos turísticos sostibles e resilientes fronte aos efectos do cambio climático.

    • Share:
    prensa

    Previous post

    O Centro Dramático Galego invita aos guardeses e guardesas ao teatro
    27 September, 2024

    Next post

    O libro "As telleiras da Laracha e os cabaqueiros do Baixo Miño" de Xabier Maceiras presentouse na Laracha
    1 October, 2024

    You may also like

    • A Festa do Santísimo deste domingo encherá as rúas da Guarda de alfombras florais
      16 June, 2025
    • Novo contacontos na Biblioteca Municipal para despedir o curso
      16 June, 2025
    • A SEMANA: Descubre todas as actividades desta semana
      16 June, 2025

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Cookies policy
    • Privacy Policy