Obradoiro Enredados da man da OMIX e da psicóloga Andrea Iglesias en colaboración co IES A Sangriña
O alumnado de 2º da ESO do Instituto A Sangriña participou no OBRADOIRO ENREDADOS, un obradoiro que trata sobre o emprego das TICS, coa intención de previr comportamentos de risco e empregos inadecuados, centrándose nos beneficios e intereses que aportan aos adolescentes, aportando claves para unha navegación segura e sempre en positivo.
A actividade tivo lugar os días 26 de maio e 2 de xuño cos grupos de 2º da ESO do instituto A Sangriña sendo a psicóloga Andrea Iglesias a encargada de impartir e guiar a este grupo de mocidade para abordar esta temática.
Tag:A Guarda, IES A Sangriña, Obradoiros, OMIX, Xuventude