Prazo de matriculación para o curso 2016/2017 no Conservatorio de Música Elemental de A Guarda
Ante a proximidade do vindeiro curso escolar dende o Concello da Guarda anúnciase o prazo de matriculación para o vindeiro curso 2016/2017 no Conservatorio de Música Elemental de A Guarda.
Ante a proximidade do vindeiro curso escolar dende o Concello da Guarda anúnciase o prazo de matriculación para o vindeiro curso 2016/2017 no Conservatorio de Música Elemental de A Guarda.
O prazo de matriculación para os alumnos e alumnas será o seguinte:
Alumnos que xa estiveron matriculados no curso 2015/2016: do 1 ó 5 de xullo de 2016, ámbolos dous incluídos.
Alumnos de novo ingreso para o curso 2016/2017: do 6 ó 8 de xullo de 2016, ámbolos dous incluídos.
A matriculación farase nas oficinas do Conservatorio entre as 10:00 e as 13:00 horas das datas sinaladas, onde se poderán recoller os impresos e a lista da documentación a presentar.