Primeiro faladoiro de Diálogos en Educación do verán 2016
Este xoves día 30, ás 20 horas, inaugúrase a segunda edición do ciclo de faladoiros sobre cuestións educativas que vai ter lugar en Camposancos, no recinto do Colexio dos Xesuítas, promovido polo Concello da Guarda baixo a iniciativa e coordinación do profesor Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez, da Universidade da Coruña.

Antonio Vara Coomonte, profesor titular da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago será o encargado de abrir esta quenda do verán 2016. Natural de Zamora, leva na Facultade compostelá desde o ano 1981, proveniente da Universidad Complutense de Madrid, onde comezou unha dilatada vida dedicada á formación de futuros mestres e mestras.
Durante todos estes anos, a súa actividade docente e investigadora centrouse nos ámbitos da socioloxía da educación e da antropoloxía da educación. Esa traxectoria académica e científica ten estado marcada polo seu compromiso teórico-metodolóxico co estruturalismo dinámico construtivista.
A dilatada experiencia universitaria en Madrid e Compostela de Antonio Vara complétase coa súa vinculación á L´École des Hautes Étudies en Sciences Sociais de París, onde en 1985 foi discípulo do prestixioso sociólogo Pierre Bourdieu.
Como compendio e resumo desa traxectoria resaltan as publicacións de entradas en tres dicionarios: O Diccionario de Ciencias de la Educación (Ed. Anaya, 1984, 4 entradas); a Enciclopedia de Pedagogía, Vol. V. (Ed. Espasa- Calpe, 2002, 11 entradas) e no Diccionario de Sociología (Ed. ESIC, 2004, 10 entradas).
A súa proposta para o debate na primeira tarde de Diálogos xira en torno á “Educación, cuestións preliminares”.