(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Cultura

    • Home
    • Cultura
    • A Pro-Monte presentará a súa documentación actualizada antes de decidir sobre a disolución

    A Pro-Monte presentará a súa documentación actualizada antes de decidir sobre a disolución

    • Posted by prensa
    • Categories Cultura
    • Date 22 August, 2017

    A Xunta Directiva da Sociedade Pro-Monte Santa Trega continuou onte coa Xunta Extraordinaria iniciada o pasado xoves 10 de agosto na Casa do Concello, cun único punto na orde do día relativo á disolución da Sociedade.

    A fin de tomar unha decisión sobre o destino da institución e o seu patrimonio, asistiron á convocatoria os membros da última Directiva elixidos no ano 1979: o presidente en funcións, Antonio Martínez, o tesoreiro Manuel Martín Goyás e os vogais Florentina Andrés Álvarez, Miguel Sobrino Blanco e Jesús García Villadóniga, párroco da Guarda; este último,  en calidade de vogal permanente por ser o actual Prior da Irmandade do Clamor.

    Estiveron tamén presentes no acto o historiador Miguel Villa, como asesor, e o concelleiro de Deportes e Patrimonio, Javier Crespo, en calidade de testemuña, amais doutras seis persoas veciñas da localidade, algunhas das cales afirmaron ser socios e socias da Sociedade.

    Anulación da votación e nova convocatoria

    A continuación desta Xunta Extraordinaria, segundo expuxo o presidente en funcións, xustíficase pola necesidade de realizar unha votación no seo da Directiva que decida sobre o futuro dunha Sociedade que non presentou actividade durante máis de 30 anos. Neste sentido, Antonio Martínez expresou dun xeito conciso a súa posición favorable á disolución, seguindo o procedemento establecido nun informe xurídico elaborado pola Deputación de Pontevedra, segundo o cal en caso de inexistencia de socios en activo corresponde á Xunta Directiva decidir sobre o fin da institución.

    Nesta mesma liña pronunciáronse o tesoreiro Manuel Martín e o párroco da localidade, namentres Florentina Andrés insistiu na necesidade de atender á opinión dos socios e levar a cabo o proceso de disolución seguindo os pasos establecidos no mencionado informe xurídico, isto é, actualizando a documentación da Pro-Monte (o libro de socios, o libro de actas, o inventario dos bens e o libro de contabilidade), condición sen a cal non se estaría en condicións de proceder á disolución.

    O vicesecretario Miguel Sobrino puxo en dúbida a legalidade do proceso de disolución, sinalando diversos defectos de forma en atención ao establecido nos Estatutos da Sociedade e o informe xurídico elaborado pola Deputación, ao considerar, entre outras cousas, que os socios da Sociedade deben ser aínda considerados como tal e, polo tanto, deben convocarse nunha Xunta Xeral para acordar o fin da Pro-Monte, previa actualización da documentación da Sociedade.

    Antes de poder proceder coa votación formal da Xunta Directiva, algúns dos veciños e socios asistentes tomaron a palabra, exprensado de xeito xeral o seu rexeitamento tanto á disolución como á realización da votación para este fin, por considerar que esta non se estaba realizando de xeito regular, por non terse convocado a todos os socios e dar a posibilidade de reaviviar a Sociedade Pro-Monte.

    Ante a situación de evidente discordancia, o presidente en funcións acordou convocar unha nova reunión da Xunta Directiva o vindeiro luns 28 de agosto, na que se presentará a documentación actualizada da Sociedade Pro-Monte Santa Trega, a fin de que se poda acordar o procedemento de disolución axeitado para a institución.

    Tag:Disolución, Sociedade Pro-Monte Santa Trega, Xunta Directiva, Xunta Extraordinaria

    • Share:
    prensa

    Previous post

    Horario semanal do ferry A Guarda - Caminha do martes 22 ao domingo 27 de agosto
    22 August, 2017

    Next post

    Formalización do contrato de servizo de prevención de riscos do Padroado Municipal
    23 August, 2017

    You may also like

    • O desfile escolar de Entroido ten nova data: 20 de febreiro
      13 February, 2026
    • Adiado o desfile escolar de Entroido pola previsión meteorolóxica
      9 February, 2026
    • O Entroido trae á Guarda unha programación enfocada nos máis pequenos
      4 February, 2026

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica
    • Whistleblowing channel

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy