(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Cultura

    • Home
    • Cultura
    • Proxección da Curtametraxe “Antes de que se poña o sol”, de Nani Matos no Centro Cultural da Guarda

    Proxección da Curtametraxe “Antes de que se poña o sol”, de Nani Matos no Centro Cultural da Guarda

    • Posted by Cultura A Guarda
    • Categories Cultura, Muller
    • Date 24 May, 2024

    A curtametraxe “Antes de que se poña o sol”, escrita e dirixida polo guardés Nani Matos, proxéctase este vindeiro 31 de maio ás 21:00h, no Centro Cultural da Guarda. Contaremos coa presenza do seu director e co equipo da mesma.

    A curta foi seleccionada para participar en varios festivais nacionais e internacionais de cinema, consolidando a súa presenza no circuíto cinematográfico global.

    A curta fala dos conflitos familiares entre os pais e os fillos adultos. Un drama familiar ambientado no mundo rural que nos achega á dificultade de aceptar o paso do tempo e respectar as decisións dos demais.

    Rodada na parroquia de Rebordáns en Negreira, a curtametraxe conta cun elenco de luxo formado por Mela Casal, Victoria Teijeiro, Machi Salgado, Teté García, Xosé M. Esperante, e o propio Nani Matos, quen participa por primeira vez como actor nunha das súas curtas. Ademais, poderemos ver o debut no cinema da moza guardesa, Sabela Rodríguez.

    “Antes de que se poña o sol” estreouse no Teatro Principal de Pontevedra e, ata o momento, leva acadado máis de 60 seleccións en festivais nacionais e internacionais, ademais de 23 premios. A curta foi seleccionada no Festival de Málaga e foi finalista aos Premios Mestre Mateo que outorga a Academia Galega do Audiovisual e aos Blogos de Oro, premios do cine Independente Español. Recentemente, foi seleccionada no Seoul International Senior Film Festival en Corea do Sur e no Rustenburg Film Festival en Sudáfrica.

    Entre os seus galardóns destacan, entre outros, o Premio do Xurado á Mellor Curtametraxe de Ficción e o Premio do Público no Festival Nudos Cortos de Sigüenza, Guadalajara. O Premio Especial do Xurado e o Premio á Mellor Dirección no Festival Internazionale del Cinema de San Giovanni en Génova (Italia). O Premio do Público no Festival Internacional de Berriozar. Navarra ou o Premio á Mellor Actriz no Cimemafost en San Fost de Campsentelles, en Barcelona.

    A Facultade de Belas Artes de Pontevedra colaborou coa curtametraxe, contando co alumnado vencellado á aula de audiovisuais que participaron nos distintos departamentos da produción.

    Nani Matos é actor, director e guionista. “Antes de que se poña o sol” é a súa cuarta curtametraxe, tras “Dies dei” (2009), “Flores para Amalia” (2013) e “Lurna” (2016). Entre todas, suman máis de 200 seleccións nacionais e internacionais e preto de 50 premios. “Lurna” é a súa curta máis premiada, seleccionada en máis de 25 países e acadando 32 premios. Actualmente, Nani Matos está inmerso na escritura de varios proxectos e na interpretación.

    Esta actividade está subvencionada polo CIM (Centro de Información á Muller) do Concello da Guarda e polo Ministerio de Igualdade dentro do Programa de Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero

    • Share:
    Cultura A Guarda

    Previous post

    Obradoiro musical en familia para o 8 de xuño dirixido as persoas mais miúdas dos fogares
    24 May, 2024

    Next post

    Regresan as visitas guiadas ao Castro de Santa Trega de xuño ata setembro
    27 May, 2024

    You may also like

    • O Centro Cultural acolle a estrea da película amateur “Héroes del medallón”
      22 May, 2025
    • O alumnado do CEIP As Solanas ofrece un contacontos moi especial este sábado
      20 May, 2025
    • A película “Honeymoon” chega á Guarda para iniciar o ciclo de cinema “made in Galicia”
      19 May, 2025

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Cookies policy
    • Privacy Policy