(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Cultura

    • Home
    • Cultura
    • «Proxecto táctil»: a arte para ver coas mans xa pode visitarse no Centro Cultural

    «Proxecto táctil»: a arte para ver coas mans xa pode visitarse no Centro Cultural

    • Posted by prensa
    • Categories Cultura
    • Date 20 October, 2017

    A mostra, concibida especificamente para ser tocada, forma parte do programa de actividades do Ano do Patrimonio da Deputación de Pontevedra e poderá visitarse ata o vindeiro 4 de novembro.

    Onte inaugurouse no Centro Cultural da Guarda a exposición ‘Proxecto táctil’, coa que a Deputación de Pontevedra contribúe á sensibilización sobre o dereito de acceso á arte das persoas con dificultades visuais. Na apertura da exposición participaron o alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba; a concelleira de Cultura, Elena Baz; o director do Centro de Recursos da ONCE en Pontevedra, José Ángel Abraldes; a decana da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Silvia García; e o deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal.

    O rexedor local comezou o acto sinalando que “sempre foron os artistas a punta de lanza das revolucións, que neste caso son unha punta de lanza para achegar a arte ás persoas con dificultades visuais”. Unha idea na que tamén incidiu o deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, asegurando que “a xente do mundo da arte sempre foi a vangarda para achegarse ás diferentes realidades e rachar barreiras”.

      Compre lembrar que ‘Proxecto táctil’ trata de salvar a prohibición de tocar as obras nos museos, o que impide que as persoas cegas poidan acceder á arte, posto que perciben os obxectos da súa contorna a través do tacto. Explicouno José Ángel Abraldes, indicando que “nós para ver as cousas temos que tocalas, por iso é tan importante poder tocar obras de arte, porque habitualmente nos Museos non podemos”. O director do Centro de Recursos da ONCE lembrou que neste proxecto “participamos como formadores das artistas que crearon as pezas, ensinándolles como percibimos a nosa contorna as persoas con dificultades visuais, e como coñecemos os materiais que se usan nas obras, pola súa textura e pola calor que nos transmiten”.

      Unha idea na que incidiu Silvia García ao asegurar que “tocar é moi importante porque é un sentido que nos está quedando esquecido”. A decana de Belas Artes, que ademais é a comisaria da mostra, afirmou que nun mundo “no que manda o imperio do visual, porque cada vez temos máis cousas a través dunha pantalla, esquecémonos de que hai outras maneiras de coñecer o mundo”.

      O deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, asegurou ademais que “con esta mostra e con esta experiencia o que pretendemos é crear conciencia entre a xente do común sobre a diversidade, para que todos e todas entendamos que a diversidade é positiva”. O deputado nacionalista anunciou que durante o tempo que permaneza na Guarda pasarán todos os colexios do concello a visitala “para xerar masa crítica entre os rapaces e as rapazas”. Por último, Leal tamén defendeu que “as Administracións debemos colaborar con outras institucións, como neste caso a Facultade de Belas Artes, e co tecido asociativo, como a ONCE, para superar barreiras e procurar que a arte sexa máis inclusiva”.

      Ao respecto do ‘Proxecto Táctil’ tamén indicou que “non queremos que sexa unha mostra específica para persoas con discapacidade, senón que sexa para todos e para todas, porque niso consiste á inclusión” .

      Sobre a exposición

      Unha decena de creadoras da Facultade de Belas Artes e da escola de moda ESDEMGA son as autoras de outras tantas obras que compoñen esta exposición, coa que se pretende explicar como ‘ver’ coas mans e que durante este ano visitará cinco emprazamentos da provincia de Pontevedra cun duplo obxectivo: o de permitir que as persoas con discapacidade visual accedan á arte contemporánea de xeito normalizado e o de concienciar ao conxunto da poboación sobre as necesidades das persoas cegas. Para percorrer esta exposición convídase ás e aos participantes a facer uso de antefaces para percibir as obras doutro xeito. Ao ter que ‘ver’ as obras sen facer uso do sentido da vista, pódese experimentar a forma en que as persoas cegas perciben os obxectos.

      “Proxecto Táctil” está comisariada pola decana da Facultade de Belas Artes, Silvia García. Nesta ocasión, e a diferenza doutros proxectos cuxas pezas son creadas para ser tocadas, a comisaria elixiu obras que xa estaban realizadas pero que se adaptaban á idea de “ser táctiles” pola multiciplidade de texturas e materiais.

      Así, as teas, os metais, os vimbios, as escaiolas e as madeiras son os materiais que destacan na confección destas obras, cuxa autoría corresponde a Laura Álvarez, Andrea Domínguez Torres, Malú Feijoo, Alejandra Lago, Loaira Peres, Pilar Picas, Yolanda Ríos, Irene Romero, Anabel Santos Leites e Renata Sierra. A mostra foi presentada e exposta durante o mes de xuño na sede da Vicerreitoría da Universidade de Vigo en Pontevedra, a Casa das Campás, e no último trimestre do ano percorrerá os concellos de Caldas de Reis, A Guarda, O Porriño, e Lalín da man da Deputación de Pontevedra.

      A exposición estará aberta ao público ata o próximo 4 de novembro no horario habitual do Centro Cultural, isto é, de 10 a 13 e de 17 a 20 horas de luns a venres, e os sábados en horario de mañá.

      Tag:Centro Cultural, Deputación de Pontevedra, Exposición, Proxecto táctil

      • Share:
      prensa

      Previous post

      Lista provisional de admitidos/as para a selección dun/unha profesor/a de gaita
      20 October, 2017

      Next post

      O Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz estará pechado a partir de mañá
      20 October, 2017

      You may also like

      • O grupo Terapia de Jueves expón as súas pinturas por primeira vez na Guarda
        11 July, 2025
      • Cultura no Camiño trae tres espectáculos diferentes á axenda guardesa deste verán
        10 July, 2025
      • A aposta por recuperar a cultura mariñeira da Guarda consolídase coa II A Rosegha
        8 July, 2025

      Search

      Categories

      • General
      • Highways and works
      • Tourism
      • Uncategorized
      • Women

      Rebulindo

      • Móvete (Actividade física)
      • Lemos Xuntos?
      • Dalle ó Play
      • Coñece a vila!
      • A vida é xogo
      • Acion (Formación)
      Logo Concello de A Guarda

      (+34) 986 610 000

      (+34) 986 610 283

      alcaldia@aguarda.es

      MOBILE APP

      You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

      A Guarda IOS application
      A Guarda Android application

      Council

      • Write to the Mayor
      • Schedules of Interest
      • Sede Electrónica

      Información

      • Associations and Groups
      • Phones of interest
      • Emergency Pharmacy

      Recommended

      • Events
      • News

      © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

      • Legal notice
      • Cookies policy
      • Privacy Policy