Publicadas as bases e solicitude para a contratación de dous auxiliares de Policía Local polo Concello da Guarda
Este luns 17 de abril foron publicadas as Bases para a contratación laboral temporal de dous auxiliares de Policía Local, polo Concello da Guarda, durante seis meses. Tanto estas bases, que teñen como obxecto a selección de dous traballadores como apoio ao corpo de Policía Local, como as solicitudes de admisión poden atoparse no tablón de anuncios da Sede Electrónica do Concello da Guarda no enlace https://www.aguarda.es/sede-electronica/.